Susana Seivane e David Perdomo protagonizan "Destino Santiago"

Susana Seivane  e David Perdomo, peregrinos da segunda edición do programa. / CRTVG
Susana Seivane e David Perdomo, peregrinos da segunda edición do programa. / CRTVG

A segunda edición do programa de CRTVG, que se emitirá en directo e por streaming, comeza este sábado tras unha emisión matinal de presentación.

Susana Seivane e David Perdomo protagonizan "Destino Santiago"

O sábado ás 10.00 da mañá dá comezo a segunda edición de “Destino Santiago”, o primeiro programa que incorporou a `slow TV´ en España. Nel, dous peregrinos percorrerán durante 16 días o Camiño de Santiago diante das cámaras da CRTVG, que se poderá seguir en directo pola web e en múltiples emisións na TVG e na Radio Galega.

Tras o éxito do ano pasado e a gran conexión coa audiencia que lograron  Lucía Pérez e Tonhito de Poi, os escollidos este ano son Susana Seivane e David Perdomo. A gaiteira galega, unha das mas recoñecidas a nivel internacional, estará acompañada polo humorista, colaborador habitual do “Land Rober Tunai Show”. Os espectadores poderán ser partícipes desta viaxe, ben sexa a través das emisións na TVG, os directos pola web, a propia páxina do progama ou cos seus comentarios nas redes sociais.  “Destino Santiago” supón unha aventura audiovisual inédita. que combina a denominada "Slow TV", o reality e mesmo o xogo.

No día de estrea, a TVG emitirá un programa especial de presentación ás 10.00 horas dende o punto de partida, Vilafranca do Bierzo. Nel mostrarase como foi a preparación para o Camiño, así como consellos para os camiñantes e algunha que outra sorpresa. Tras a finalización do programa, os dous peregrinos comezarán a súa andaina que, na primeira etapa, consistirá nos 28,4 quilómetros que hai entre Vilafranca do Bierzo e o seu primeiro destino, O Cebreiro, na que será a súa entrada en Galicia. Ao longo de 16 días percorrerán os 334 quilómetros ata Fisterra. Logo volverán a Santiago para un programa especial o 13 de maio.

A partir do luns, a TVG2 emitirá  todos os días en directo a ultima parte de cada etapa, case tres horas nas que os espectadores poderán vivir xunto aos peregrinos a chegada ao destino. Ademais, haberá un programa resumo cos mellores momentos do día  antes do "prime time" na primeira canle da TVG. @galiciamundiari

Susana Seivane e David Perdomo protagonizan "Destino Santiago"
Comentarios