Sumar por Galiza, propón o BNG no 25 de Xullo

Manifestación do BNG.
Manifestación do BNG.

Galiza Nova, a rama xuvenil do BNG, foi máis alá, a prol dun estado galego independente para acadar a liberdade. Rianxo, a gran cita do PSdeG - PSOE no Día Nacional de Galicia. Tres das forzas que promoveron En Marea manifestáronse cada unha polo seu lado.

Sumar por Galiza, propón o BNG no 25 de Xullo

Agás o PP –protagonista institucional dos actos oficiáis–, todas as forzas políticas celebran nas rúas o Día de Galicia. Oficialmente, Galicia festexa o 25 de Xullo o do Día Nacional de Galicia, que o BNG denomina Día da Patria Galega.

O BNG ten unha idea clara, que é sumar por Galiza, segundo salientou na pancarta que abría a marcha previa a concentración na Quintana, no seu Día da Patria Galega. Ao fronte, a súa portavoz nacional, Ana Pontón. "É un día para reivindicar que somos unha nación que quere conquistar o seu futuro", dixo.

Galiza Nova, a rama xuvenil do BNG, foi máis alá, a prol dun estado galego independente para acadar a liberdade.

Galiza Nova, que esta terza feira estaba de aniversario, 30 exactamente, realizou a súa #IIRuadaPolaIndependencia, nun día en que a organización xuvenil do BNG fixo tamén o seu tradicional tributo a Rosalía e Castelao.

Concentración do BNG na Quintana.

Concentración do BNG na Quintana.

O BNG voltou ás rúas compostelás no 50º aniversario da primeira ocasión en que o nacionalismo galego apostou por conmemorar o Día da Patria en clave mobilizadora. A súa concentración na Quintana amosou de novo a súa forza dentro do nacionalismo galego.

O PSdeG - PSOE acudeu a Rianxo tendo por primeira vez un 25 de xullo á fronte a Gonzalo Caballero, acompañado ante o busto de Castelao polo ex-presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño. Gonzalo Caballero fixo unha chamada a plantarlle cara á dereita de Feijóo na homenaxe a Castelao na vila rianxeira.

En Marea volveu elixir o parque compostelán de Vista Alegre para os seus actos do 25 de xullo, pero algunhas das forzas que a impulsaron convocaron actos de seu. Foi o caso de Anova –a 300 metros– ou de EU e Podemos.

"Aprezamos a diversidade e pensamos que nesa diversidade está a nosa fortaleza", dixo Luís Villares, partidario de repetir a foto de unidade de En Marea. Pola súa banda, Xosé Manuel Beiras Beiras chamou a reflexionar por qué En Marea no cumple o reto para o que foi fundada.

Outras organizacións como Compromiso por Galicia (CXG) ou a independentista Causa Galiza tiveron tamén citas políticas nesta xornada do Día Nacional de Galicia. @mundiario

Sumar por Galiza, propón o BNG no 25 de Xullo
Comentarios