Á sombra do goberno, as autoridades sanitarias deixaron de atender aos doentes

Ministro de Sanidad del gobierno español.
Salvador Illa Roca, Ministro de Sanidad del gobierno español.
Ao contar o goberno central cunha oposición de dereitas, as inxustizas da súa xestión pasarán desapercibidas. Ninguén está a denunciar isto.
Á sombra do goberno, as autoridades sanitarias deixaron de atender aos doentes

Benqueridos presidentes,

A súa política está a matar doentes de toda índole. Por mor dunha case ilusoria (televisiva) pandemia, os centros de saúde están baldeiros, e as casas cheas de desolación ao terse suspendido a actividade cultural.

As novas normas suplantan a nosa educación en pos de crear unha sociedade robotizada onde as persoas non poden sentir máis có burdo feito de estaren vivos, cando a única existencia é a dun virus que nos asoballa.

O poder divino (e humano) da compaixón non é abranguido nas súas leis. Así, a devandita quimera da saúde universal (principio que, coido, aínda non ten sido declarado patrimonio da Humanidade) acaba de ser sepultado por mor do egoísmo de todas as sociedades mundiais.

Falan de que esta pandemia é unha selección natural? Son os mesmos que reivindican a supremacía da raza? Pois ben, o pobo máis acusado polas enfermidades (extendidas pola miseria económica) ten sido o africano, e así, os supervivintes de tal continente teñen a complexión máis forte e resistente.

Cren que todas e cada unha das doenzas son lei de vida? Por que non proban a suprimir a administración pública e mesmo o solidario sistema de producción? Até onde chega a lei do máis forte? Son os ricos os máis fortes?

A compaixón é o meirande poder da Humanidade: exprésase na Xustiza, na maternidade, no procesado dos recursos naturais, na seguridade vial, etc. Con compaixón aprezamos a sensibilidade artística, profesamos amor cara ás imperfeccións deste belo mundo...

Queren deixar morrer aos enfermos? Que era aquilo dunha revolución que mataba aos poderosos opresores? Está (moi dubidosamente) a ciencia médica concluída para o ser humano?

Ou é que a élite mundial é tan inculta como ambiciosa, e pasa o tempo a ver como os seus servintes pelexan polo pan ou por unha vacina?

Esta sociedade do benestar non evolucionou mentalmente. A poboación non é digna do seu grao de desenvolvemento. Non embargante, a clase política é un lamentábel espectáculo inserido no xogo mediático da aristocracia que silencia a cultura nacida na nova era.

Está morrendo xente! Os poderes suspenderon a atención sanitaria do pobo! Cando unha sociedade sá é, evidentemente, a sá sociedade. Volverá a Santa Inquisición contra a identidade, a sabedoría e a fraternidade! Veñen tempos escuros de devastación e ignorancia!

Álcese a liberdade de expresión que os políticos teñen suprimido! Coidemos do planeta e dos nosos semellantes! Apagade a televisión! @mundiario

Comentarios