Significativo e devastador déficit lingüístico nos medios

Os galegofalantes amosamos grande simpatía polas iniciativas en defensa do idioma.
Os galegofalantes amosamos grande simpatía polas iniciativas en defensa do idioma.
A realidade non é amosada na pantalla, semellamos aprendices dunha secta cando miramos a televisión, de xeito que, abofé, o galego non é defendido pola televisión.
Significativo e devastador déficit lingüístico nos medios

É incrible a sumisión que esta sociedade profesa aos medios de comunicación, cando éstes son levados por un empresariado que quere preservar os seus privilexios.

A televisión enche os nosos días de prexuízos (segundo os cales xorden actitudes e perspectivas que retroalimentan o espectáculo, de xeito que os cidadáns optan ou pola obediencia ou pola inacción) e demarca os intereses dunha economía a prol da que a todos nos fan concordar, baixo a ameaza dunha pobreza humillante que non é propia dos valores que vén impoñendo a aristocracia no poder, de xeito que, en Hespaña, o poder económico é sinónimo de respecto.

Tras de séculos de persecución e emigración, o Estado logrou poñer ao idioma galego contra a parede, cando a única -e oficial- canle televisiva galegófona semella amosar na pantalla as presas de caza do galego ao longo do país, cando o cazador é o auto-odio.

En escasas décadas da historia do país, a televisión normalizou o español na Galiza, de xeito que os pais galegos entenderon que o idioma de promoción social, cando o futuro dos fillos é o lucro, ha ser o español, unha vez que a centralización administrativa, é dicir, o influxo de Madrid, fíxonos ver que a vida moderna é un préstamo: para saír adiante, haberemos permanecer sentados como nación galega; e coa cultura nosa vetada a risco de desvelarse a súa riqueza, cando o decorrer da mesma non é televisada. @mundiario

Comentarios