O significado dos números

Isaac Asimov, autor de 'Universo'.
Isaac Asimov, autor de 'Universo'.

Será o número Pi o camiño a unha lonxana utopía? Como é que se ten máis claro o infinito cá nada, se todo o que se esgota na vida lévanos a unha nada?

   

O significado dos números

Preciso de falar con expertos: existe a Nada? Porque eu acho que por suposto. Lembro, de toda a vida, que, sinxelamente, as matemáticas versan puntos. Mais eu plantéxome o seguinte:

Se, xa antergamente, a primeira unidade de materia era o átomo e, máis posteriormente, fóronse atopando menores partículas... Non poderemos chegar a descobrer a Nada? E, a partires da Nada, repregala e desgranala, invertila... Ao xeito dunha sorte á que eu entendo por "antimateria"?

É dicir, e por unir os números á realidade, que un número con infinitos decimais podería ir reducindo unha masa á nada até comezar a encollela (é iso un buraco negro?).

Teño infinitas dúbidas, mais teño claro que o contrario do infinito é a nada.

Por outra banda, albergo unha dúbida filosófica: eses infinitos puntos do plano que entendo por Universo, teñen nome? Teñen identidade? Son un número de entre tódolos números que as matemáticas manexan?

Non, non confío nun punto de referencia; ese cumio do novo mundo está en Gaia aínda que Colón non o estea sinalando. Que é a numeroloxía? Eu, que me recoñezo supersticiosa, creo que cada número ten significado e a súa capital no universo!

Será o número Pi o camiño a unha lonxana utopía? Como é que se ten máis claro o infinito cá nada, se todo o que se esgota na vida lévanos a unha nada?

E se consideramos a recta e maila circunferencia opostos? Distinguímolas facendo xeometría, vencéllaas a xeografía... Estamos convivindo con dous mundos? A esfera constante e a recta interminábel? @mundiario

  

O significado dos números
Comentarios