Semblanza de José Luis Gómez

José Castro López. / Mundiario
José Castro López. / Mundiario
O xornalista e vicepresidente da APG José Castro foi o encargado de pronunciar a laudatio de José Luis Gómez, Premio Diego Bernal 2023. / Texto da semblanza.
Semblanza de José Luis Gómez

Un veterano profesor de Protocolo daba tres consellos ós seus alumnos cando tiñan que falar en público: ”levántate para que te vexan, fala alto para que te escoiten e sé breve para que te aplaudan”. 

Está claro que me levantei, os altofalantes encárganse de que me escoitedes e intentarei ser breve, non para buscar o voso aplauso, senón por mandato da Presidenta para alixeirar este acto e poder satisfacer as urxencias estomacais, que nos apremian a esta hora. 

Seguro que a densidades do curriculum do premiado  me leva a sobrepasar un pouco o tempo asignado, pero tamén estou seguro de contar coa vosa comprensión. 

Fai hoxe dezanove anos subin a esta tribuna para facer a semblanza de Juan Ramón Díaz, director de La Voz de Galicia, acreditado periodista e entrañable amigo que fora distinguido con este mismo Premio Diego Bernal. 

Parece que foi onte, pero ¡“Cómo han pasado los años”!, canta Julio Iglesias, e as secuelas que deixan son evidentes, como tamén cantaba Carlos Gardel: “Las nieves del tiempo platearon mi sien”. O mestre e amigo don Antonio Fraguas, que era mais prosaico, dixóme un día que “despois dos cincuenta sempre é Navidade”. ¡E qué razón tiña!).   

Hoxe satisfáceme volver a aquí para facer a semblanza de José Luis Gómez, outro xornalista acreditado e tamén vello amigo, que foi distinguido pola Asociación de Periodistas de Galicia co Premio Diego Bernal 2023

Dase a circunstancia de que o noso premiado traballou moitos anos baixo a dirección de Juan Ramón, sucedeuno na dirección de La Voz de Galicia e hoxe sucédeo neste galardón da APG. Xa vedes qué casualidades nos depara a vida.    

Eu coñezo a José Luis desde fai anos cando o destino quixo que nos atoparamos nesta cidade de Santiago donde principiou unha amizade que se foi consolidando ata hoxe, porque o mismo destino encargóuse de que os nosos camiños profesionais –e as nosas inquedanzas– se foran cruzando o longo do tempo.  

O segredo desta longa amizade que mantemos hai que buscalo no respeto mutuo que sempre nos tivemos, tamén nas discrepancias, avalado polo feito de sermos ambos "dous rapaces da aldea".

Os dous, orgullosos dos nosos berces, entendemos que é positivo conservar valores que cultivaban as xentes daquelas aldeas, como a amizade, que seguimos mantendo. 

Esta longa relación con José Luis permiteume seguir a  traxectoria dun xornalista de referencia que botou raíces no mundo da comunicación en Galicia informando e creando opinión e cando tivo que sair fora voltou cargado de novos saberes que puxo ó servizo da sua terra. 

Tem um curriculum que impresiona logrado unha amplísima carreira  professional que, por certo, empezou en El Correo Gallego, que hoxe cambia de dirección.  

Despois, desempeñou a dirección de La Voz de Galicia, como queda dito, donde antes fora xefe da sección de economía;  dirixeu Xornal de Galicia, así como a revista Capital e foi diretor de Publicacións e de Comunicación do grupo Zeta. 

Dirixeu tamén cursos da UIMP, foi profesor do Master de Periodismo da Universidade da Coruña, conferenciante,  columnista de varios periódicos –El País, El Periódico de Cataluña, Diario 16–, e hoxe continúua escribindo e sendo tertuliano en emisoras de radio e TV, donde deixa a sua pegada con opinións versadas e obxetivas. Na suas vitrinas están o Premio Galicia de Periodismo en información económica e o Premio Galicia de Comunicación.   

Dentro da sua atividade de escritor, é autor e coordinador de varios libros. O primeiro foi Galicia ante la CEE, publicado na Biblioteca Gallega no ano 1983, o que amosa que, sendo moi novo, apuntaba maneiras. 

Despois viñeron A vueltas con España, un percorrido polas autonomías con entrevistas aos seus presidentes; Manual Básico de Economía, Empresas de Galicia, Estrategias para Galicia e, sendo director da revista Capital impulsou Estrategias para España, un libro semellante ao anterior, pero referido a todo o país.  

En 2013 publicou Cómo salir de esta –esta era a crise financieira de 2008–, un traballo escrito con  rigor, pero con estilo tan claro e ameno que engancha ata ós lectores legos na materia. 

Teño que decir que adicou este libro a Lourdes, á nai que sempre estivo nun discreto segundo plano, pero a carreira profesional de José Luis sería impensable sin os seu sacrificio e desvelos, sin os seus consellos e apoio permanente.  

E fai uns meses,  Mundiediciones publicou Cómo salir de esta II que é como unha segunda parte do anterior, pero referida a crise actual. Gómez é coautor deste libro con María Cadaval, profesora de Economía Aplicada na USC, unha excelente analista que, mantendo o rigor profesoral, fai intelixible á xente do común os arcanos da economia e mesmo receita o tratamento necesário para sair desta o doutras crises. 

Pero esta semblanza quedaría incompleta si non fixera referencia á sua condición de editor, faceta que comenzou nos anos noventa cando irrumpían as novas tecnoloxias. Fundou daquela Xornal.com, un portal de comunicación  innovador cando moitos pensaban que a publicación de periódicos en papel era imbatible e consideraban á rede como unha moda pasaxeira. 

E no ano 2013 dou un paso mais con MUNDIARIO, primer periódico global de análisis y opinión, un novo dixital con obxetivos de mais longo alcance, que acaba de cumplir os primeiros dez anos.  

Ambos dixitais son o reflexo de que Gómez é un xornalista que sabe anticiparse á dinámica evolutiva dos tempos e busca os canais de comunicación adecuados para achegar ós lectores a analise certeira do acontecer político, do devenir económico e dos movementos sociais.

Desta forma afronta novos retos desde o periodismo, que o leva a manter na sua madurez uhna intensa actividade, innovando e poñendo en práctica ideas y proxectos, como esta aventura de MUNDIARIO, na que está enfrascado como editor-empresario –o pasado xoves celebrou este aniversario entregando o I Premio Mundiario ao periodista alemán Carsten Moser–, que xa conta cunha división editorial con varios libros publicados, entre eles o mencionado Cómo salir de esta II.

MUNDIARIO é un oasis de independencia, liberdade e pluralidade que publica opinións e analises de escritores consagrados e noveles.

MUNDIARIO é un oasis de independencia, liberdade e pluralidade que publica opinións e analises de escritores consagrados e noveles. Nese espazo virtual cada un expón as suas ideas e todas contribuen a que os lectores poidan formar un criterio mais acertado do que acontece neste mundo que McLuhan chamou “Unha aldea global”.  

A independencia, a liberdade e a pluralidade son esenciais en todo medio de comunicación e non é fácil conservalas nunha sociedade en crise e tan dividida, que tamén polariza ó periodismo.   

Permitideme que, sin entrar en detalles, enumere tan só tres obstáculos que, na miña opinión, dificultan que os medios poidan manter esos valores para cumplir coas suas funcións.  

- Por un lado están as dificultades económicas das empresas periodísticas que saen todos os días a un mercado pouco propicio. 

- Por outro banda, está o poder político que ten a tentación de exercer un control para neutralizar informaciós críticas, o que implica que os medios perden a independencia e a función que teñen de ser contrapeso do poder político, recoñecendo o traballo do goberno e da oposición cando cumplen, sendo críticos cando se equivocan ou desvían e denunciando os abusos cando se producen. Cando esto ocurre, cando o poder político controla ou interfire no traballo dun medio, parafraseando a Kapucisnski, a verdade deixa de ser importante e tan só existe o discurso único, as crónicas oficiais e as subvencionadas. Un horror, amigos. Temos un exemplo de onte mismo no rechazo de Rabat a decisión do Parlamento Europeo que esixeu respeto a libertade de prensa, a liberación dos periodistas presos e condenou a persecución dos periodistas.  Por eso cobran valor as palabras de Thomas Jefferson, terceiro presidente de EE UU, que dixo que prefería ter “prensa sin goberno que goberno sin prensa”, porque a prensa plural e libre é esencial nunha democracia. Os medios non crean a realidade, a sua misión é contala. 

- O terceiro obstáculo son as redes sociais polas que circula exceso de información e moita basura disfrazada de información. A prensa rigurosa está sendo suplantada por aficionados e manipuladores que lanzan ó aire mentiras disfrazadas de verdades, de medias verdades, rumores e infundios.  Teñen tanta influencia que consiguen que moita xente pense e vote según as suas indicaciós. O ensayista francés Bruno Patino, experto en cultura dixital, sostén que ás redes sociais xa son o quinto poder e Pérez Reverte afirma que van a matar ó periodismo. 

Deixo á vosa consideración dilucidar en qué nivel os problemas das empresas, a presión política e as redes dificultan ou impiden o traballo dos medios de comunicación. Na miña opinión, nobleza obliga como diría don José Ortega, tampouco debemos botar toda a culpa a factores externos. Na polarización da prensa debemos ter nos algo de culpa, por eso convén que todos fagamos un pocuco de autocrítica.

O certo é que non son estes os mellores tempos para as empresas de comunicación e para os periodistas que teñen moito mérito por traballar en precario, o que conleva a inseguridade radical ante o futuro. Unha mágoa, porque sempre necesitaremos periodistas motivados que nos conten a historia continuada da nosa cultura, das nosas miserias e grandezas, levantando noticias, como tantos casos de corrupción, e informando libremente da realidade, prestando así un servizo fundamental a lectores, ointes e a democracia.  

María Méndez, Alfonso Rueda y José Luis Gómez. / APG
María Méndez, Alfonso Rueda e José Luis Gómez. / Pepe Ferrín

Hoxe estamos aquí para celebrar e agradecer o periodismo aberto e cordial que sempre practicou José Luis Gómez

Pero hoxe non é día para falar de problemas. Hoxe estamos aquí para celebrar e agradecer o periodismo aberto e cordial que sempre practicou José Luis Gómez e sigue exercendo como editor de MUNDIARIO e como colaborador en moitos medios de comunicación.

E para pedirlle que siga exercendo un periodimo que transmita informacións veraces e opinións obxetivas porque eses pilares sosteñen a prensa libre e apuntalan a democracia.

Por todo esto, amigos, vendo a traxectoria de José Luis Gómez como xornalista, escritor e editor que eu intentei resumir, foi un acerto pleno da Asociación de Periodistas de Galicia concederlle o Premio Diego Bernal 2023 que ten ben merecido. 

Non descartedes que o amigo e recordado Diego, que está aquí representado polas suas fillas Eva e Nieves e polo seu irmá Farruco, ande sobrevoando esta estancia e faga despois unha andaina polas rúas de Santiago para escoitar o son das campás da sua Compostela eterna. 

Remato xa. Parabéns por esta distinción, amigo José Luis, e grazas pola tua gran profesionalidade que dignifica a profesión periodística. 

Necesitamos que o teu periodismo elegante, formativo e libre nos siga informando de canto ocurre neste mundo globalizado para que os galegos estemos mellor informados e a nosa querida Galicia sexa un país máis culto, libre e plural. 

Moitas grazas. @mundiario

Comentarios