O sector da automoción ralentiza o crecemento das exportacións galegas

Santiago Lago, Emilio Pérez Nieto e Isabel Novo. / Mundiario
Santiago Lago, Emilio Pérez Nieto e Isabel Novo. / Mundiario
No terceiro trimestre, as exportacións desde Galicia estiveron por baixo da media estatal
O sector da automoción ralentiza o crecemento das exportacións galegas

Despois de que nos dous primeiros trimestres de 2021 as exportacións galegas rexistraran taxas de crecemento positivas e significativamente por riba da media española, neste terceiro trimestre do 2021 o seu valor amosou unha evolución moito menos favorable que a do conxunto de España, segundo o informe Baexga (Barómetro Exportador de Galicia) do Foro Económico de Galicia. Neste novo Baexga, os autores, Isabel Novo Cortí e José Manuel Sánchez Santos, engaden un análisis especifico para as catro provincias galegas. 

A variación interanual, con respecto ao mesmo trimestre de 2020 foi negativa( -4,9%) mentres que no conxunto de España medraron un 19,8%. Estes datos contrastan claramente coa diagnose estructural do volumen de vendas, claramente máis positivo. Nos dous  anos anteriores (2019-2020), Galicia acadou porcentaxes de 7,7% e 8% respecto ao total español, fronte a un peso no PIB do 5,2%.

O comportamento a nivel provincial é desigual e está condicionado en gran medida pola concentración sectorial que caracteriza ás distintas provincias. De feito, a única que presenta taxas de variación negativas é Pontevedra, determinado polo comportamento do automóbil. Pola contra, as provincias de Ourense e Lugo son as que presentan maiores taxas de crecemento, se ben son as dúas con menor peso no total das exportacións.

No terceiro trimestre de 2021, o sector do automóvil sofre unha caída interanual do 41,2% que, xunto co descenso do 8,1% do sector téxtil, resultan determinantes na variación negativa que rexistran o total das exportacións galegas.

Entre os sectores que máis medran destacan o de productos minerais (que inclue os combustibles), o dos metáis común e a madeira e as súas manufacturas.

Un Baexga, máis completo, cunha periodicidad trimestral donde cabe salientar o “semáforo” como resumo de  6 indicadores: volumen de exportacións, concentración sectorial, concentración espacial, empresas exportadoras, empresas exportadoras regulares e empresas exportadoras de intensidade tecnolóxica alta. Para obter a cor téñense en conta tanto a nivel relativa de Galicia respecto a España no período analizado como a taxa de variación interanual.

O Foro Económico de Galicia é unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesores das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica.  Un total de máis de 60 persoas referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega. @mundiario

Comentarios