Satisfacción no CPXG pola ratificación da condena ao Estado pola indefensión no caso Couso

El cámara José Couso.
O cámara José Couso.
José Couso Permuy faleceu o 8 de abril de 2003 durante a invasión de Irak cando un carro de combate de EE UU disparou contra o Hotel Palestine de Bagdad.
Satisfacción no CPXG pola ratificación da condena ao Estado pola indefensión no caso Couso

O Tribunal Supremo confirmou este xoves a sentenza da Audiencia Nacional que condenou ao Estado a indemnizar con 180.000 euros á familia Couso pola indefensión no caso do asasinato do cámara ferrolán. O Colexio de Xornalistas saúda esta resolución e lembra que, case 20 anos despois, o crime continúa impune.  

Este xoves 15 de xullo a sección quinta da Sala do Contencioso do Tribunal Supremo confirmaba a sentenza da Audiencia Nacional que declarara ao Estado responsábel patrimonial polos prexuízos ocasionados á familia de José Couso pola omisión de protección diplomática, polo que lles recoñece o dereito a unha indemnización de 182.290 euros. Aquela sentenza, que significou a primeira admisión oficial da indefensión da familia Couso, foi recurrida polo Goberno nun movemento que xa criticou o Colexio de Xornalistas. 

Unha vez rexeitado definitivamente ese recurso, Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresa a súa satisfacción pola ratificación da condena ao Estado español, que omitiu a súa responsabilidade tras o asasinato de José Couso. O Goberno español deu por boa a explicación dos Estados Unidos e deixou desprotexida a familia Couso. Hoxe, case vinte anos despois, o crime continúa impune.

José Couso Permuy faleceu o 8 de abril de 2003 durante a invasión de Irak cando un carro de combate de Estados Unidos disparou contra o Hotel Palestine de Bagdad. Nese ataque tamén morreron o camarógrafo ucraíno Taras Protsyuk e o xordano Tarek Ayub. O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia tense pronunciado en repetidas ocasións a favor da investigación do seu asesinato e organiza, desde 2004 e xunto ao Club de Prensa de Ferrol, o Premio José Couso de Liberdade de Prensa na súa memoria. @mundiario

Satisfacción no CPXG pola ratificación da condena ao Estado pola indefensión no caso Couso
Comentarios