A santidade da nacenza

Nai e filla.- Gustav Klimt
Nai e filla. / Gustav Klimt
Entón, chegamos a formarnos como persoas cando obedecemos aos dictados dun poder patriarcal?
A santidade da nacenza

Non semella liberador que o goberno dun país conceda a oportunidade ao individuo de adaptarse á sociedade? Non é a educación pública o mellor entorno no que medrarmos libres?

Que dicir do concepto de patria? A patria vencella aos convivintes dun pobo coa súa cultura e valores morais.

Mais, que está a pasar na Galiza? A patria galega é criminalizada, os nosos valores morais son castigados coa xenofobia e as burlas da meseta, o noso país padece do cansazo da resignación e non loita nin fala.

Que pasa cando unha persoa non conta co amparo dun sistema estamental no que a familia é a peza base? Que lle pasaría á persoa capaz que non tivera a cobertura e as credenciais das esixencias dese sistema?

O ideal da familia é o amor e a protección, mais un individuo require de soidade na conformación do seu ideario.

Por outra banda, a ciencia demostra que cada individuo nace único, polo tanto parcialmente descoñecido por todos.

A educación, que é primordial, será, non embargante, relativamente asimilada por cadaquén, xa que non somos os santos do santoral, senón fenómenos naturais.

Mais hai un feito incuestionábel: a necesidade de agarimo, desde que non podïamos camiñar até que non somos quen de durmir. Para paliar as nosas febles emocións, obtemos literatura, traballo, bares, avós ou mascotas, unha vez que Deus permanece illado nalgures.

Asemade, a contorna que habitamos é do noso afecto, e á sociedade que nos alberga debémoslle a vida; dende esa gratitude, a convivencia, en pos da felicidade particular, fará por unir esforzos polo progreso.

Chegados a algún intre das nosas vidas, o vencello biolóxico coa familia amósase na saúde, exemplo de conformidade da persoa co lugar que lle é dado no mundo.

Entón, chegamos a formarnos como persoas cando obedecemos aos dictados dun poder patriarcal? É xusto renunciar ou someterse ao antollo do secularmente establecido?

Será o noso país acollido no seo dos países libres ou seguerán os nosos pobos quedando orfos e baleirados?

É posíbel promocionarse nesta sociedade se non se cumpre coas condicións esixidas? Por que nos ha oprimir a liberdade do pensamento?

É Galiza pioneira, por mor da emigración, na liberación do individuo? @mundiario



   

A santidade da nacenza
Comentarios