Buscar

Santiago é unha das cidades de máis elevada proporción de vivendas baleiras

Sería un estrago de recursos seguir aprofundando no erro de contribuír a un panorama urbano cheo de vivendas baleiras en espera de aluguer, de venda, de restauración e finalmente de utilidade para o que foron construídas: para ser habitación de humanos e non asento de especuladores.

Santiago é unha das cidades de máis elevada proporción de vivendas baleiras
Vistas de Santiago de Compostela. / Turismo de Santiago
Vistas de Santiago de Compostela. / Turismo de Santiago

Firma

María do Carme García-Negro

María do Carme García-Negro

La autora, MARÍA DO CARME GARCÍA-NEGRO, es columnista de MUNDIARIO. Es doctora en Ciencias Económicas y Empresariales y profesora del departamento de Economía Aplicada de la Universidad de Santiago de Compostela, donde ocupó los cargos de directora del Centro de Documentación Europea (1990-1994), directora del Grupo de Investigación de Economía Pesquera y directora del Curso de Postgrado Especialización en Economía Pesquera. @mundiario

Chamaron poderosamente a nosa atención dúas promesas, ou parte de programa (?), de dous candidatos á alcaldía de Santiago de Compostela.

En realidade, as eleccións municipais no réxime eleitoral español escollen integrantes do concello e logo eles elixen alcalde/sa, pero é un hábito –pouco preciso– de chamar candidatos á alcaldía aos primeiros de cada lista de candidaturas presentadas, converténdoos de facto en candidatos, mesmo se é unha quimera, que acaden algunha vez tal posto.

Os candidatos do PSOE e mais o do PP son os nosos protagonistas.

Proposta do PSOE

A proposta dun maior calado e, polo tanto, consecuencias, procede do candidato do PSOE. Dixo que se chega a alcalde construiría 2.000 vivendas  de protección oficial a un prezo taxado de 100.000 euros. Considerando que en Santiago hai un total (dados censais do INE) de 37.111 vivendas principais das que 9.553 son secundarias e 9.512 baleiras é un despropósito económico e, por tanto, político promover a construción dunha –só unha– nova vivenda.

Sería un estrago de recursos seguir aprofundando no erro de contribuír a un panorama urbano cheo de vivendas baleiras en espera de aluguer, de venda, de restauración e finalmente de utilidade para o que foron construídas: para ser habitación de humanos e non asento de especuladores. Considerando –porque é un cálculo que calquera pode facer– que Santiago é unha das cidades de máis elevada proporción de vivendas baleiras no entorno galego, e mesmo comparada con calquera española, segue a ser disparatado propoñer construír máis vivendas. Esas 9.512 vivendas baleiras son relativamente novas. Non se está a falar de ruínas do século XX, perto da metade son posteriores a 1981.

A proporción de baleiras sobre as totais representa en Santiago o 25,63% : máis da cuarta parte de vivendas están esperando moradores. Estas cifras  non teñen semellanza ás de Coruña (18%), nen Vigo (16%) e moito menos son comparábeis coas de cidades cualificadas como de excelente desenvolvemento urbano, como Vitoria–Gasteiz (baleiras o 5,4%), ou Bilbao (baleiras o 7,7%) ou mesmo Valencia (o 17%). Nen no caso de Santa Cruz de Tenerife (o 16%).

Certamente Compostela ten un problema de crecemento e de prezo da vivenda pero con toda seguridade non se arranxa construíndo máis.

Proposta do PP

O segundo candidato, do PP, comprométese a facer 300 kilómetros de pistas aptas para a práctica do deporte de camiñar, de camiñar correndo, cuxo nome en inglés é de uso habitual (xerundio convertido en substantivo común). De feito, as carreiras dese tipo son un signo destes tempos; é preciso correr, non se sabe se para escapar de algo ou de alguén ou como evidencia de que se debe fuxir da propria sombra, sen conseguilo.

Sendeiro de Santiago de Compostela. / Turismo de Santiago

Sendeiro de Santiago de Compostela. / Turismo de Santiago

O candidato do PP forma parte do colectivo, e, loxicamente, o colectivo de adictos declara necesitar circuítos periurbanos máis amplos xa que non é aconsellábel pisar con todo o peso do corpo sobre asfalto.

Confirmo que é unha necesidade, pero ao mesmo tempo constatamos que Santiago dispón dun circuíto desa natureza (de piso de terra) dos máis amplos en cidades deste tamaño. Pero se hai que ampliar, sinalizar e integrar, faise. @mundiario