A sanidade pública non se vende, deféndese

Sergas.
Sergas.
Debido a precariedade do Sistema Sanitario, moita xente contrata seguros ou recorre á privada pero ésta non é a solución.
A sanidade pública non se vende, deféndese

Hoxe é máis necesario que nunca defender os nosos dereitos e seguir na loita na defensa da Sanidade Pública. Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia facemos un chamamento a toda a cidadanía, plataformas a seguir con todas as mobilizacións en toda Galiza neste verán e a denunciar todos os recortes e privatizacións que siguen desenvolvendo dende o Goberno e a Concellería de Sanidade da Xunta de Galicia do PP.

Aos problemas de falta de recursos, de consultas telefónicas en lugar de presenciais, de listas de espera que superan a semana ou os quince días, ao peche de centros rurais e PAC de urxencias, súmase agora unha diminución do persoal sanitario por baixas laborais, vacacións estivais ou incremento de poboación por turismo, que poden duplicar ou triplicar o número de persoas, en moitos concellos.

A resposta nefasta da Xunta e o Sergas, é proporcionar vivenda ao persoal médico en diferentes concellos, rexeitar aos pacientes que veñen doutros municipios ou pechar mesmo máis urxencias-PAC.

Durante meses, a poboación e as Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública, convocamos mobilizacións cada vez máis numerosas, moitas delas con apoio municipal, sen que o Sergas se  digne contestar e onde o conselleiro négase a reunirse con estas entidades; as mobilizacións permanecerán e acrecentaranse ata conseguir os obxetivos de mellora do Sistema Sanitario Público galego.

É intolerable o desmantelamento da Atención Primaria, as limitacións de acceso aos Centros de Saúde ou a deterioración sanitaria do sistema público. O último despropósito é non poder derivar aos pacientes directamente aos especialistas (temos unha lista de espera para entrar na lista de espera…).

Debido a precariedade do Sistema Sanitario, moita xente contrata seguros ou recorre á privada pero ésta non é a solución, dado que boa parte destes seguros, son lixo, non garanten a atención cando se necesita, especialmente a máis grave e importante para a saúde.

A política neoliberal do PP defende a distribución de bens e servizos por medio de empresas privadas. Convertendo neste caso a sanidade nunha mercadoría máis . Un servizo polo que empresas privadas poden obter suntuosos beneficios a costa da saúde publica, encamiñándonos a un sistema no que ter acceso a sanidade so quen a poida pagar. Desde SOS Sanidade Publica avogamos por unha sanidade publica de calidade e universalmente accesible.

Desde as Plataformas SOS Sanidade Pública de Galicia, non podemos nin queremos aceptar resignadamente esta situación, nin tolerar o desmantelamento do noso Sistema Sanitario Público, por unha administración sanitaria do PP, incapaz e en mans de grupos de presión privada.

Este verán non debe ser a “tumba” da Atención Primaria, senón o inicio da súa recuperación. Organicemos novas e potentes mobilizacións alí onde a situación o requira. A sanidade pública non se vende, deféndese. @mundiario

Comentarios