Buscar

Sálvora, cemiterio de lodos, problemas sin necesidade

So no ano 2017 a empresa de celulosa Ence verteu, segundo o Rexistro de Emisións Contaminantes PRTR, 663 Kg de metais e metais pesados, aparte de outras substancias.
Sálvora, cemiterio de lodos, problemas sin necesidade
Fábrica de Ence en la ría de Pontevedra.
Fábrica de Ence en la ría de Pontevedra.

Firma

Ramón Varela Díaz

Ramón Varela Díaz

El autor, RAMÓN VARELA DÍAZ, es colaborador de MUNDIARIO. Es catedrático de Biología y Geología, y doctor en Biología. Fue presidente de la asociación ecologista Adega. @mundiario

Incríbel, o Goberno de España e a Xunta de Galicia levan vertendo residuos de dragados portuarios nunha área mariña protexida próxima ao Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a tan só dúas millas da franxa de protección da Illa Sálvora. Práctica que se realiza polo menos dende 1998 e na actualidade a Xunta pretende depositar nese lugar 330.000 metros cúbicos de lodos retirados do río Lérez  contribuíndo a aumentar a montaña  de residuos xerada xa na plataforma continental.

O vertido de lodos e áridos realizado ate hoxe dende os portos galegos estímanos algunhas fontes en máis de 5 millóns de metros cúbicos de materiais con produtos que non son sempre  inocuos (apuntan a que mesmo moitos conteñen metais ou hidrocarburos).

 O lugar de vertido recorrido por correntes submarinas poden arrastrar e introducir de novo nas rías e na costa produtos de tamaño pequeno e traerán sen dúbida partículas en suspensión negativas para o ecosistema mariño  que poden prexudicar a flora a fauna e afectar a recursos naturais e económicos como a pesca ou o marisqueo.

Isla de Sálvora. / Turismo de Galicia

Isla de Sálvora. / Turismo de Galicia

 O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas  de Galicia  pertence a  Rede  de Parques Nacionais e a Rede Galega de protección cunha extensión total  que supera as  oito mil hectáreas (ha) e delas  7.138 ha son mariñas, abarca catro arquipélagos diferenciados: Cíes, Ons, Cortegada e Sálvora. Ademais  as Illas foron  a primeira area mariña protexida do Estado fronte ao vertido de residuos perigosos integrada na Rede Internacional OSPAR de áreas mariñas protexidas e tamén foi incluída na lista de humedais de importancia internacional.

Na exposición de motivos cando declararon  Parque Nacional as Illas Atlánticas dicían no articulo 1.1.2.: “La declaración de las Islas Atlánticas como Parque Nacional tiene por objeto: a) Proteger la integridad de ecosistemas ligados a zonas costeras y a la plataforma continental de la región eurosiberiana”.

Non contravén o cemiterio de lodos e áridos nas proximidades do Parque  o arriba exposto? Será a lei elástica? Cando falan do vertido de lodos do río Lérez quizá queiran dicir en realidade lodos  do fondo da Ría de Pontevedra  xa que a entrada de auga profunda  que penetra pola boca sur  e a circulación estuárica  que recorre a ría  arrastra cara o fondo sedimentos o que noutras épocas provocou tamén a sedimentación e desaparición do porto de Pontevedra.

Agora estes sedimentos poden conter substancias contaminantes dos vertidos industriais, non esquezamos que so no ano 2017 a empresa de celulosa Ence verteu, segundo o Rexistro de Emisións Contaminantes PRTR, 663 Kg de metais e metais pesados –403 kg de zinc, 66 kg níquel, 83 kg cromo, 6,5 cadmio, 1,95 kg de mercurio, 136 kg arsénico–, aparte de outras substancias.

Podemos preguntarnos tamén: a que espera o Goberno central e a Xunta de Galicia para clausurar este cemiterio de residuos na plataforma continental galega? Porque non informan tamén da existencia do cemiterio de lodos aos case medio millón de persoas que visitan anualmente as Illas  para coñecer a sua opinión? @mundiario