Os salarios de deputados e senadores

Senado de España. / Mundiario
Senado de España. / Mundiario
Tal vez os partidos políticos representados nas Cortes Xerais ignoran a situación dos seus concidadáns ou é que non lles importa?.
Os salarios de deputados e senadores

Coido que a maioría dos cidadáns españois están solprendidos polo empeño dos deputados e senadores deste país de se incrementar os seus salarios ao abeiro dos Orzamentos das Cortes Xerais. Que isto aconteza nun momento coma o presente, en que milleiros de persoas están afectadas polo paro ou a aplicación de ERTE derivados maioritariamente da crítica situación económica de España e a pandemia da Covid-19, resulta incomprensible. Cando menos.

Ao final, haberá que agradecer a PP e Vox que, polo menos ata o vindeiro ano, as cousas continúen igual no que atinxe ós salarios das Súas Señorías.E sería así porque e Mesa do Senado decidiu  conxelar as retribucións dos senadores cando a Mesa do Congreso xa decidira subir o soldo dos deputados no ano 2021. Certo é que tal incremento estaba previsto nos Orzamentos da Cámara aprobados este martes. Pero un mínimo recoñecemento de como os españois sobrelevamos a situación do país derivada -entre outras cousas- da pandemia de coronavirus, tería que facer cavilar ós partidos (PSOE, Podemos, PP e Vox) e amosar un mínimo de respecto e apoio ós millóns de cidadáns españois que. cando non están a pasar fame, moi perto delo sí están. Nas contas do vindeiro ano contemplábase unha suba dos salarios do persoal de ambas as institucións (Congreso e Senado) do 0,9%, incremento que asimesmo sería de aplicación nos dos deputados.

Os votos favorables para tal aprobación saíron das bancadas do PSOE, Podemos e PP. E o voto en contra, de Vox, partido este que, xunto co PP, amosáranse contrarios inicialmente a tal incremento para senadores e deputados para, finalmente, sumárense  á suba salarial para o persoal da Cámara. Nunha segunda reunión debatiuse sobre a necesidade de que as dúas institucións camerais adoptaran consensuadamente un acordo e de aquí saíu a aprobación dos Orzamentos das Cortes Xerais polo que as catro formacións políticas con representación nesas Cortes aprobaron por unanimidade manter conxelado o salario dos deputados para o ano 2021.

Oportuno?. Necesario?. Tal vez os partidos políticos representados nas Cortes Xerais ignoran a situación dos seus concidadáns ou é que non lles importa?. Vox levou ó seu terreo ao PP. Mais Podemos e PSOE semellan non darse por enterados de que a suba salarial para os seus senadores e deputados non é o que máis precisan os españois, que reclaman prudencia, solidariedade e vergoña.

 Como explicarán ós milleiros de parados que novamente acoden as oficinas de emprego na percura de traballo ou axuda social que eles, deputados e senadores, aproben per se incrementos salariais cando as colas de homes e mulleres de toda caste diante das sedes de institucións como bancos de alimentos, Cáritas, Cruz Vermella, etc., se ven incrementadas no día a día por todos aqueles que nen siquera teñen que lles dar de comer aos fillos?.

Un pouco de "lacha" (diría a señora Carmen) diante de cousas coma esta, señoras e señores deputados e senadores dunha España que, para min, non os merece. @mundiario

Comentarios