A Romaría de Santa Minia terá este ano cinco días de festa en Brión

Carballeira donde se celebran las fiestas de Brión (A Coruña), entre ellas la de Santa Minia. / Mundiario
Carballeira na que se celebran as festas de Brión (A Coruña), entre elas a Romaría de Santa Minia. / Mundiario
Unha programación cultural e de lecer comprende espectáculos para todos os gustos e públicos.
A Romaría de Santa Minia terá este ano cinco días de festa en Brión

A Romaría de Santa Minia 2022 ten pechado o seu programa do 23 ao 27 de setembro. "Serán cinco días de festa nos que se manterán os tradicionais oficios relixiosos, que se celebrarán nos lugares habituais, e recuperaremos o despregue de postos de alimentación (rosquilleiras/os, polbeiras/os....), artigos relixiosos, cereiros, etc.", avanzan desde o Concello de Brión (A Coruña).

Asemade, non faltará unha programación cultural e de lecer con espectáculos para todos os gustos e públicos: maxia, música tradicional, gaitas, espectáculo de luz e son.

Tamén as mellores orquestras de Galicia visitarán o Concello de Brión durante estes intensos días, salienta o Concello.

Están programadas actuacións de O Mago Antón, Pelepau, Banda Bacana, #grupodegaitasdevagariño, #charangaosjalacticos, #festivalmonecadas, Charanga Os Celtas, Charanga Noroeste, Banda de Música Municipal de Brión, #escolasdedanzaemusicatradiconalbrion, Orquesta La Ocaband, Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre, Os da Porfía, De Vacas, Orquesta Finisterre, Unión y Fuerza, París de Noia, Dixie Kings, Ruth Cundins e a Orquesta Olympus.

Romaría de Santa Minia 2022. / Mundiario
Romaría de Santa Minia 2022. / Mundiario

Un trofeo de fútbol organizado pola SD Brión, que conquistou o Bastavales, serviu de prólogo aos días de festa que haberá na romaría de Santa Minia. Trátase dunha das grandes romarías de Galicia, que se celebra na carballeira de Brión (A Coruña), onde cada ano danse cita miles de persoas chegadas de toda Galicia. @mundiario

Comentarios