Buscar
SEMrush

Rodríguez Pardo estivo comprometido co socialismo e con Galicia

Fora unha figura imprescindible na Transición como partícipe do grupo de lexisladores que redactou o Estatuto dos 16, acompañado polo histórico Indalecio Tizón e por José Vázquez Fouz.

Rodríguez Pardo estivo comprometido co socialismo e con Galicia
Xosé Luís Rodríguez Pardo. / Mundiario
Xosé Luís Rodríguez Pardo. / Mundiario

Firma

María Xosé Porteiro

María Xosé Porteiro

Escritora, periodista y política. Columnista de MUNDIARIO.

Está moi extendida a idea de que o socialismo en Galicia precisa de máis compromiso galeguista, pero só con evocar o traballo de Xosé Luís Rodríguez Pardo, ex secretario xeral do PSdeG, un dos redactores do Estatuto dos 16 e figura esencial do galeguismo, é doado recoñecer a inxustiza histórica desta afirmación.

Fora unha figura imprescindible na Transición como partícipe do grupo de lexisladores que redactou o Estatuto dos 16, acompañado polo histórico Indalecio Tizón e por José Vázquez Fouz.

Aquela aposta a prol dunha autonomía respetuosa co horizonte que marcara o Estatuto truncado polo golpe do 36 contra da legalidade republicana, que se encamiñaba cara a un Estado netamente federal, latexaba na redacción que desde Galicia se remitíu ás Cortes españolas. A intención centralista de rebaixar aquel texto pre-estatutario conseguiu que o pobo galego saíse masivamente á rúa na histórica manifestación do 4 de Nadal.

Xosé Luís Rodríguez Pardo. / Xurxo Lobato

Xosé Luís Rodríguez Pardo. / Xurxo Lobato

Rodríguez Pardo sempre estivo “a pé de obra” comprometido co socialismo e con Galicia. Persoalmente foi para min un exemplo a seguir no tempo que compartimos no Parlamento Galego. Lembro, especialmente, a importancia do seu aporte como poñente da Lei de Dereito Civil Galego de 1995. Finou este martes sen deixar de sentir-se activo e útil na súa vocación profesional como avogado. 
Xosé Luís foi un grande loitador, unha belísima persoa, e un exemplo de político comprometido co seu pobo e co seu país.

Estará no tanatorio Alvia de A Grela (rotonda Eduardo Diz, A Coruña, e a súa incineración está prevista para as 8 da tarde deste mércores. @mundiario