Rodríguez Miranda: “O Goberno galego axuda a máis de 200 familias galegas en Venezuela”

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia. / CRTVG
Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia. / CRTVG

O secretario de emigración afondou na intención de cambiar o sistema de voto para as persoas que non residen en España.

Rodríguez Miranda: “O Goberno galego axuda a máis de 200 familias galegas en Venezuela”

Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, fixo en Bos Días da Televisión de Galicia un percorrido polos temas de interese para os emigrantes galegos no exterior, entre os que destacou os plans de retorno ou os cambios no voto rogado.

Rodríguez Miranda sinalou en primeiro lugar que se logrou o desbloqueo das pensións non contributivas, o que permite mellorar a situación económica. Arredor disto fixo fincapé na situación de Venezuela, onde “os galegos están pasando moitas dificultades, como todos os habitantes do país”. Rodríguez Miranda sinalou que “o Goberno galego axuda a máis de 200 familias galegas no país”. Ademais, valorou que se está a tecer unha rede de solidariedade, en que “a Administración pon os medios e colectivos como os centros galegos axudan”.

O secretario de emigración afondou na intención de cambiar o sistema de voto para as persoas que non residen en España. Así, sinalou que “o PSOE e Podemos queren volver ao sistema anterior, con sombras de fraude”. A súa intención, segundo manifestou, é “lograr un sistema  áxil, seguro e transparente, a través de urnas custodiadas e non por correo”.

Para rematar, Rodríguez Miranda falou dos 500.000 galegos no exterior, dos que dixo que son “unha riqueza e unha potencialidade”. O secretario de emigración manifestou que “queremos que volvan”. Para lograr isto, sinalou que “non podemos negarlles dereitos dificultándolles a obtención da nacionalidade". Así mesmo, destacou programas como o Retorna 2020, que posibilitou que arredor de 8000 decidisen volver a Galicia. @GaliciaMundiari

Comentarios