Ribadeo, sede das xornadas de temática cultural Mar por Medio, no marco da Academia Xacobea

Viñeta de FrAn LaREo en la que el Peregrino de MUNDIARIO tiene en su mano el libro Crónica de un peregrino singular, de Mundiediciones. / Mundiario
Viñeta de FrAn LaREo na que o Peregrino de MUNDIARIO ten na man o libro Crónica dun peregrino singular, de Mundiediciones. / Mundiario
Participará o hispanista británico John Rutherford,  impulsor das mesmas en anteriores edicións, antes da súa interrupción.
Ribadeo, sede das xornadas de temática cultural Mar por Medio, no marco da Academia Xacobea

A Academia Xacobea, en colaboración coa Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago, Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo, organizará, os días 16, 17 e 18 de setembro, as  XVII Xornadas  Xacobeas Mar por Medio.

Nestas xornadas,  estará presente e participará como conferenciante o hispanista británico John Rutherford, difusor das linguas e literaturas galega e española,  e do Camiño de Santiago, impulsor e difusor  destas xornadas en anteriores edicións.

Ao longo dos 3 dias levaranse  a cabo conferencias, táboas redondas, unha exposición sobre a Ruta Xacobea e interpretacións musicais, todo elo relacionado co Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo.

Como conferenciantes e participantes nas táboas redondas, estarán persoas do  ámbito universitario, da comunicación, da cultura, da igrexa, da administración e da propia Academia Xacobea, todas elas expertas coñecedoras e difusoras do mundo Xacobeo.

A inscrición para asistentes as  XVII Xornadas  Xacobeas Mar por Medio estará aberta na web da Academia Xacobea a partir do día 20 do presente mes. @mundiario

Comentarios