Coa merma das térmicas, Repsol vai collendo a dianteira da contaminación en Galicia

Refinería de Repsol en A Coruña.
Refinería de Repsol en A Coruña.
A edición GALICIA de MUNDIARIO acolle a publicación deste informe para Tempos Novos, dividido polo autor en cinco capítulos, mantendo boa parte do contido de base pero actualizándoo a día de hoxe. Este segundo céntrase no cambio climático que atrapa a Galicia.
Coa merma das térmicas, Repsol vai collendo a dianteira da contaminación en Galicia

Tras publicarse en MUNDIARIO o capítulo titulado O Goberno de Galicia parece algo desorientado co cambio climático chega este segundo. 

Fenómenos ligados a meteoroloxía antes pouco frecuentes, agora son aquí de maior intensidade e máis repetidos. En curtos espazos de tempo e  de forma reiterativa sucédense temporais, secas, vagas de calor, inundacións locais... Constatouse por exemplo un aumento de temperatura media na atmosfera no período 1961-2015 da orde de 0,20 grados centígrados por década, e todo indica que na primavera  aumentan os días cálidos, e no verán as noites quentes, mentres no inverno baixaron os días fríos  (segundo AEMET), no mesmo período as temperaturas mínimas aumentaron en tres das catros estacións do ano .

Si en terra temos cambios na atmósfera e impactos na biodiversidade por mor do cambio climático, nas zonas costeiras  evidenciase ademais do aumento do nivel do mar:  a) Aumento da temperatura superficial da auga. b) Desprazamento cara o norte de especies, sendo cada vez máis frecuente a aparición nas augas galegas de especies silicícolas de latitudes máis baixas. c) Aumento da biomasa de fitoplancto. d) Aumento  no número e intensidade de  marees vermellas que obrigan a pechar con máis frecuencia os polígonos de bateas e zonas de cultivo mariño. e) Debilitante dos ventos en determinadas direccións  e da corrente cálida de Gulf Streem que  procedente de América baña e dulcifica as nosas costas ...

Cando estudamos as emisións de GEI, e a contribución de Galiza ao cambio climático, analizando a serie 1990-2018, comprobase que no 2018 estamos emitindo a atmosfera máis Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) que en 1990. No ano 1990 emitiamos 29,6 millóns de toneladas equivalentes de GEI (Mt CO2-eq), os anos seguintes seguen unha tendencia de aumento  que dura 14 anos e chega ate a primeira metade da década do 2000  cun máximo no  2004  de 37,6 Mt CO2-eq,  o que representa un valor 27% por riba do ano base. A partir deste ano as emisións  comezan a descender ata o ano 2010 onde se acada o valor máis baixo de toda a serie con 27,2 Mt  -8,1 % por baixo do valor  1990-. Posteriores subidas fan que alcance no 2017  os 30,2 Mt CO2-eq  e no 2018  29,8 Mt , quedando por riba dos valores de 1990. A falta de datos do 2019, podese estimar unha baixada significativa  dos totais ao diminuír as emisións das térmicas en 7,5 millóns de toneladas  ( segundo o Rexistro de Emisións PRTR,) estimando en 22- 23 Mt Co2 eq as emisións  por todas as fontes.

Os grandes emisores de GEI- ver Táboa I- son na Galiza as centrais térmicas, a industria de alúmina e aluminio, ferroaliaxes, refinería –Repsol–, cemento e minería,  bioetanol, fabricas de taboleiros, fabrica de celulosa, centrais de ciclo combinado... De case 13.000  empresas industriais que dan emprego a  175.000 persoas, pouco máis de  medio centenar de empresas- dos sectores citados- emiten o  51-52% do total de GEI e so dúas empresas eléctricas Endesa e Naturgy cunha central térmica de carbón cada unha (As Pontes e Meirama), contribuían ate agora con máis do 33% das emisións totais (por todas as fontes: industrias, transporte, fogares, servizos, agricultura... ). As térmicas emitían no 2018 máis de 10 millóns de toneladas de Gases de Efecto Invernadoiro e mentres no Estado Español a xeración eléctrica  é responsábel de menos do  18% das emisións (dun total de 332,8 Mt Co2-eq), aquí case duplicamos ese porcentaxe, o que implica ter, polo tanto, un maior impacto no medio ambiente e na saúde. A situación hoxe está cambiando no 2019,  as emisións das térmicas de carbón foi de 2,5 millóns de toneladas, a cuarta parte do ano anterior e despois do peche definitivo de  Meirama virá o das Pontes.

As emisións nos complexos do comercio de dereitos de emisións  estaban antes entre o 11 e máis do 12% , agora co  peche de Meirama e menor produción en As Pontes a porcentaxe pasou ao 7,6%, pero non esquezamos que so temos o 5,7% do total de instalacións do Estado no Rexistro PRTR. As elevadas emisións galegas no mercado de emisións  fan que indicadores toneladas/habitante ou t/km2  sexan tamén moi elevados e superen amplamente a media do Estado, por exemplo no 2018 mentres a media  en CO2-eq  é de 5,7 toneladas/habitante/ano, aquí alcanzamos 11 t/habitante/ano  e son moi poucos os países da UE  que nos superan. Galiza soporta unha contaminación en particular por GEI  moi por riba do que lle correspondería por superficie xeográfica, número de habitantes, grado de industrialización, nivel de vida, PIB, número de instalacións no mercado de emisións... o que indica que mentres nós cargamos cos custos sociais e a contaminación ambiental outras  zonas do Estado son privilexiadas  porque consumen  sin contaminar – electricidade.

GEI. / Mundiario

Industrias galegas no mercado de emisións

 O   comercio de dereitos de emisión  é un instrumento de mercado, polo que se crea un incentivo ou desincentivo económico que persigue un beneficio medioambiental: reducir as emisións contaminantes a atmosfera. O dereito de emisión permite a unha instalación emitir gratuitamente unha determinada cantidade de gases invernadoiro a atmosfera, cantidade asignada despois dun estudo técnico pormenorizado  e  nun plan-reparto global  de varios anos (Plan Nacional de Asignación, PNA). A asignación individual a cada instalación apróbaa o Goberno do Estado en Consello de Ministros  e o dereito de emisión é transferible, pódese mercar ou vender. Si a empresa emitiu GEI por baixo do que o Goberno asignou –gratis- pode vender dereitos no mercado e beneficiarse economicamente, mentres que si as emisións reais están por riba da asignación  (e si non ten atenuantes, sumidoiros...) debe pagar  por cada tonelada de CO2 que excede ao valor de mercado. O mercado como a Bolsa e flutuante, neste ano a tonelada de CO2 chegou a superar os 28 euros/t  en xullo  e no 2019 alcanza un máximo de 29,47 euros/t  (máximo en 12 anos), con prezo medio moi superior ao de anos anteriores 24,73 euros/t ( no 2018, 15,68 euros/t ; no 2017 , 5,77 euros/t ; no 2013, 4,40 euros/t...). En marzo 2020 notouse unha marcada caida polo Covid-19 con recuperacións posteriores.

Galiza ten no 2018 no Rexisto de Emisións Contaminantes 152 complexos en 37 actividades  con datos validados,  no 2019 son 223 complexos con 78 grandes emisores de dióxido de carbono, principal gas de efecto invernadoiro. As emisións de GEI no 2018 chegan a 15 millóns de toneladas de GEI que representan a metade, 51-52% no 2018, do total galego por todas as fontes e representan o 12,29% das emisións totais do Estado no mercado de emisións (fonte PRTR). Porcentaxe que supera a Cataluña, País Vasco, Comunidade Valenciana... e só está por debaixo das emisións de Andalucía (22%) e Asturias (16%). No 2019

No mercado de emisións no 2018  os GEI representan o  38% das emisións totais no Estado, mentres  na Galiza chegamos ao 50-52% dependendo dos anos, o que indica onde están as grandes contaminantes. Os demais sectores fora do mercado de emisións coñecidos como difusos (transporte, residencial, agricultura, pesca, servizos...) representarían o 62% no Estado e o 48-49% na Galiza. Esto tamén permite entender  como sectores difusos como o transporte teñen menos peso aquí que no Estado en emisións de GEI  (2o%  na Galiza fronte ao 27%).

GEI. / Mundiario

As industrias do mercado de emisións  superan os valores asignados gratuítos.- Si  estudamos e comparamos as emisións de GEI de anos pasados coa actualidade,  nunha serie de 2005-2019  observase  que en nove dos catorce anos da serie  as emisións reais  exceden aos valores asignados gratuítos  as emisións reais oscilan entre 8,9-17,3 millóns  de toneladas de GEI  cando os asignados son moi inferiores, baste citar por exemplo que no ano 2017  asignan 3,4 millóns de t  de dereitos gratuítos e as empresas declaran emitir  16,1 millóns - serian 5,19 millóns si lle descontamos as emisións das térmicas de carbón que nese ano non teñen asignación-, situación parecida ocorre no  2018 ano no que diminuíron os dereitos asignados gratuítos con respecto do 2017  e os complexos do mercado de emisións botan mais de 15 millóns  de t –4,9 millóns si descontamos as térmicas de carbón- , evidenciase que as grandes empresas  emiten moi por riba do asignado, prefiren pagar comprando dereitos que reducir emisións, como se ve na táboa II. @mundiario

  

Comentarios