Repsol encabeza un grupo de empresas que contaminan a área metropolitana da Coruña

La refinería de Repsol con A Coruña al fondo. / Xurxo Lobato
A refinería de Repsol con A Coruña ao fondo. / Xurxo Lobato

Na Área Metropolitana da Coruña son importantes emisoras de contaminantes as empresas: Repsol, Alcoa Inespal, SGL Carbón, Air Liquide, Artabra... aínda que tamén se ve afectada a zona polas emisións das centrais térmicas de As Pontes e Meirama, que queiman carbón.

Repsol encabeza un grupo de empresas que contaminan a área metropolitana da Coruña

Neste mes transcendeu que unha nova investigación realizada en Estados Unidos relaciona a contaminación co aumento de enfermidades como a diabetes. Ate agora a diabetes relacionábase cunha dieta pouco saudable, obesidade, estilo de vida sedentario, herdanza... agora confirmase que a contaminación do aire aínda en valores dentro da legalidade e mesmo con valores considerados ate agora seguros pode reducir a produción normal da hormona insulina e implicar diabetes. So en Estados Unidos atribuíse 150.000 novos casos de diabetes por ano a contaminación atmosférica.

A procedencia da contaminación en xeral e da emisión de partículas na atmósfera ten que ver principalmente coa queima de combustibles fósiles en industrias, vehículos, calefaccións... Os estudos que relacionan contaminación e saúde no noso país, que persigan coñecer a causa-efecto, faltan porque non interesa sacalos a luz e quen sabe si en algún caso se ocultan. Pero a contaminación atmosférica está presente no entorno e pódese cuantificar como evidencia anualmente coas súas publicacións o Rexistro Europeo de Emisións Contaminantes PRTR.

Na Área Metropolitana da Coruña son importantes emisoras de contaminantes as empresas: Repsol, Alcoa Inespal, SGL Carbón, Air Liquide, Artabra... ( emiten algúns dos seguintes contaminantes: dióxido de carbono, monóxido de carbono, partículas, dióxido de xofre, óxidos de nitróxeno, hidrocarburos, metais e metais pesados ...) aínda que tamén se ve afectada a zona polas emisións das centrais térmicas de As Pontes e Meirama, que queiman carbón. Pero non so coñecemos as emisións senón que podemos coñecer a situación da contaminación a nivel do solo, o que respiramos dia a dia. Ao longo deste ano 2018 observase na Área Metropolitana de A Coruña unha importante contaminación por partículas.

Segundo información ofrecida pola Xunta en Meteogalicia as estacións meteorolóxicas de Riazor e da Torre de Hércules rexistraron valores altos de partículas de tamaño grande (PM10) mesmo algúns meses superaron as medias dos valores permitidas pola lexislación vixente. No caso de Riazor no mes de maio chegouse de media a 44 microgramos por metro cúbico cando o máximo legal eran 40. Na Torre de Hércules superouse o valor legal en catro dos cinco meses do ano.

Pero si se analizan os resultados baixo a óptica de saúde, nestas mesmas estacións de Riazor, Torre de Hércules, estanse superando ampliamente e duplicando en moitos casos os valores recomendados da Organización Mundial da Saúde (OMS), máis esixente que a lexislación vixente, situación que tamén se produciría noutras estacións como A Grela e San Pedro. Algo parecido podemos dicir dos datos do mes de xuño que ofrece o Porto da Coruña da estación de San Diego, xa que durante varios días superáronse os valores establecidos pola lexislación para partículas con concentracións que alcanzan un máximo de 78 microgramos por metro cúbico.

Tamén se superan os valores da OMS no caso das partículas pequenas (PM2,5) mais perxudiciais para a saúde que as partículas grandes. Presentan valores dentro da lexislación vixente en Riazor, Torre de Hércules e A Grela, pero moi por riba dos valores recomendados pola OMS. Cando os valores están nestas estacións entre 10 e 17 microgramos/m3 en Estados Unidos o limiar de contaminación da EPA é de 12 microgramos por metro cúbico, a lexislación vixente no Estado acepta ate 20 microgramos/m3 e a OMS recomenda un máximo de 10 microgramos/m3.

Si antes os cidadans da Coruña, Oleiros... coñecían que a contaminación podía causar problemas nos ecosistemas como choiva ácida, destrución da capa de ozono, quentamento global e a nivel da nosa saúde a contaminación traia alerxias e problemas nos bronquios, pulmóns, cancro, problemas cardiovasculares, ictus cerebral, agora temos que engadirlle un novo problema: a diabetes. ¿Ate cando o aceptaremos? @mundiario

Comentarios