Repsol emite máis da conta na Coruña e coida menos o que contamina 

Refinería de Repsol en A Coruña.
Refinería de Repsol na Coruña.

As emisións de Repsol YPF so as superan en Galicia as centrais térmicas de As Pontes e Meirama. Na Coruña, Repsol parece que traballa en terreo conquistado. A edición GALICIA de MUNDIARIO segue analizando o caso.

Repsol emite máis da conta na Coruña e coida menos o que contamina 

Días pasados un periódico de A Coruña publicaba que “Repsol inverterá entre 2018 e 2020 cerca de 25 millóns de euros  para reducir a contaminación ambiental  da refinería sobre a cidade”. Necesita “cumprir os límites de emisións de gases impostos pola Unión Europea”.  Sen dúbida  as emisións de gases contaminantes da refinería son elevadas e proba délo é que Repsol-A Coruña  tiña uns dereitos de emisión de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) para o ano 2016 de  869.198 toneladas (t), pero emitiu 1.190.206 t  (sen contar as emisións da coxeración) é dicir superou en 321.008  toneladas (37%) as previsións da asignación final gratuíta que concedeu no 2014 a Dirección Xeral da Oficina Española do Cambio Climático. As emisións actuais de Repsol YPF so as superan en Galicia as centrais térmicas de As Pontes e Meirama.

As emisións de dióxido de carbono dependen do tipo de cru destilado, pero tamén doutros factores como combustibles adicionais utilizados, a estrutura e a idade da propia refinería, o balance vapor/electricidade... en definitiva da complexidade do esquema produtivo e da eficiencia, que parece non ser elevada en  Repsol. A Comisión Europea considera que as refinerías de petróleo teñen aínda un potencial técnico de aforro enerxético do 24,9%. Os custos enerxéticos nunha refinería de Estados Unidos supoñen o 20 % dos seus custos totais, en Europa representan un 60%, o que supón una gran desvantaxe competitiva  e o que é máis grave: a menor eficiencia prodúcese maior contaminación. 

EMISIÓNS DE DIÓXIDO DE CARBONO DE REPSOL
Ano 2000: 960.809 toneladas.
Ano 2007: 1.470.000 toneladas.
Ano 2014: 998.000 toneladas.
Ano 2016: 1.190.000 toneladas.

Fonte: Rexistro de Emisións Contaminante do Estado (PRTR).

Si  analizamos a serie  de emisións do dióxido de carbono en Repsol YPF dos últimos dez anos do Rexistro de Emisións Contaminante do Estado (PRTR)  obsérvase que  entre o ano 2007 e 2014  apreciase unha baixada importante das emisións contaminantes a atmósfera, debidas posiblemente mais a crise económica e baixada de actividade  que a un maior control ou maior eficiencia na produción. A partir do ano 2014 prodúcese un reponte na emisión  do CO2 , reponte que se da tamén noutros gases de efecto invernadoiro como  metano ou óxido nitroso. As emisións de metano no ano 2016 foron de 133 toneladas e  as de óxido nitroso 73,1 t (105 t e 61 t  respectivamente no ano 2013).

As maiores emisións a atmosfera da refinería en volume refírense ao dióxido de carbono, principal Gas de Efecto Invernadoiro (GEI), pero en conxunto  todos os GEI   totalizan en Repsol YPF 1.190.206 toneladas que representa máis do 4% do total galego comprendidas todas as actividades económicas, vivendas, transporte... Calcúlase que a metade do dióxido de carbono que sae a atmósfera  eliminase en 30 anos, pero outro 30%  tarda en eliminarse algúns séculos e o 20% restante permanecerá na atmósfera durante miles de anos. 

A nivel global, de sobra é coñecido que as concentracións actuais de dióxido de carbono e metano  atmosféricas sobrepasan os valores preindustriais atopados en testigos de xeo polar de fai 650.000 anos,  (280 partes por millón de CO2 no século XVIII fronte a 403 ppm na actualidade e medrando a un ritmo do 2% anual), entre as consecuencias prevense cambios  nos patróns de precipitación, aumento de  fenómenos climáticos extremos, subida do nivel do mar,  redución das masas de xeo, graves afeccións na diversidade dos ecosistemas... A nivel internacional Os Acordos de ParÍs como antes  o Protocolo de Kyoto  intentan reducir  as emisións de gases de efecto invernadoiro.

No caso concreto que nos ocupa  da refinería  Repsol YPF Complexo de A Coruña, a  diminución de emisións de  dióxido de carbono  nos últimos dez anos foi so do 19,1% , é dicir menos do 2% anual , en total foron 280.000 toneladas de CO2, pero  o curioso é que a  empresa  Repsol –con 5 refinerías no Estado–  di que logrou reducir en todos os seus complexos  4, 3 millóns de toneladas, polo que parece que a refinería de A Coruña non foi obxecto e punto destacado de actuación para reducir  a contaminación. Si buscamos comparacións  mais alá dos dez anos e observamos o ano 2000 e o comparamos co 2016 –último ano con datos–  podemos dicir que aumentamos as emisións de dióxido de carbono  en 229.000 toneladas. Repsol parece que traballa en terreo conquistado. @mundiario

Comentarios