Rematada a costeira do bocarte no Cantábrico, a frota cerqueira volve a Galicia

Puerto pesquero de Ondarroa. /  Turismo de Observación
Porto pesqueiro de Ondarroa. / Turismo de Observación
Nos últimos días avistóuse sardiña en augas galegas e as ilusións céntranse agora nos tradicionais bós prezos que esta pesqueira acada nos mercados desta comunidade autónoma por mor das festas do San Xoán.
Rematada a costeira do bocarte no Cantábrico, a frota cerqueira volve a Galicia

Máis de medio cento de cerqueiros galegos -15 deles con base en Portosín- retornaron ós seus respectivos portos procedentes de Santoña e Ondarroa, onde desembarcaron as súas capturas de bocarte que, sen chegar a ser excepcionais, polo menos sí resultaron gratificantes para a inmensa maioría dos desprazados ao Cantábrico. Estes días xa hai algúns barcos pequenos que, coa cacea, capturan bonitos en aguas de Galicia e os Azores.

Para algúns patróns galegos a campaña xa rematada foi das mellores dos últimos anos en cantidade, tamaño e prezo. En liñas xerais a anchoa abundou e, a diferenza do ano pasado, por exemplo, a da campaña de  2021 tivo mellor tamaño ca dos outros anos pasados e o prezo, sen ser extraordinario, mantivo polo menos o interese dos pescadores: nunca baixou dun euro, cando en anos precedentes se cotizaba a só 40 céntimos o quilo. 

Un dos patróns de Portosín sinalaba en Santoña vai uns días que había bocarte do tamaño das sardiñas, após atopar fronte a Cantabria un gran banco de peixe do que se nutriron en boa medida as conserveiras locais que se gaban sempre da gran calidade dos seus elaborados. Este bocarte chegou a se cotizar a 9 euros o quilo, e os exemplares eran tan grandes que só "entraban" 23 nun quilo.

Se ben é certo que a maioría dos cerqueiros galegos que optaron polas augas do Cantábrico para, cando menos, realizar á campaña do bocarte, fixaron a súa base -como é tradición- no porto de Ondarroa (onde este ano desembarcaron 7.000 toneladas), aínda que bo número dos que este ano se foron, puxeron proa ao de Santoña.

Nun e outro caso, as capturas realizadas permitirán, case que con toda seguridade, que tanto os armadores como os tripulantes poidan manter con certa tranquilidade este difícil ano coa vista posta na escasa cota de sardiña (da que quedan 2.600 toneladas) e algo de xurelo. 

Nos últimos días avistóuse sardiña en augas galegas e as ilusións céntranse agora nos tradicionais bós prezos que esta pesqueira acada nos mercados desta comunidade autónoma por mor das festas do San Xoán.

Para os barcos galegos ábrense asimesmo boas espectativas coa pesqueira do bonito, abundante e, ao parecer, tamén de bo tamaño. Pero a maior parte da frota boniteira -radicada no porto de Burela- non sairá de aquí ata a celebración das festas do Carme, patroa dos mariñeiros. @mundiario

 

 

Rematada a costeira do bocarte no Cantábrico, a frota cerqueira volve a Galicia
Comentarios