O regulamento europeo de control da pesca aínda está por definir

Parlamento Europeo.
Parlamento Europeo.
A baixura galega ten a oportunidade de que tanto a Eurocámara como o Consello Europeo e a Comisión Europea teñan conta o que significa para Galicia.
O regulamento europeo de control da pesca aínda está por definir

Aínda non está dita a última palabra sobre o regulamento europeo de control da pesca, a tenor do hoxe falado entre o Executivo galego, a Comisión de Pesca da Eurocámara e o sector pesqueiro galego afectado por ese regulamento. Queda moito por debater e a Comisión non ten présa na súa aprobación.

O eurodeputado bretón Pierre Karlenskind, presidente da Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, trasladou á conselleira do Mar, Rosa Quintana, que a Eurocámara non ten presa por aprobar o regulamento europeo de control da pesca dado que a prioridade está en seguir a traballar no deseño dunha normativa perfectamente adaptada ás diferentes realidades do sector e ás súas necesidades.

Rosa Quintana, pola súa banda, defendeu a responsabilidade da actividade que desenvolve a frota de baixura e o marisqueo galegos e lamentou a rigorosidade do anteproxecto de regulamento europeo  de control da pesca por canto castiga, dixo, un labor que xa está ben controlado por se desenvolver preto da costa. 

A conselleira agradeceu a sensibilidade do deputado bretón e advertiu de que as medidas introducidas na normativa -como a instalación de cámaras, a xeolocalización ou o rexistro dixital das declaracións de desembarque- apenas supoñen melloras para o control da actividade e, en cambio, dificultan en gran medida o labor diario dos profisionais do mar, desde a frota de baixura ata o marisqueo.

FONDA PREOCUPACIÓN NA BAIXURA GALEGA

Tanto a Xunta como os responsables da frota asistentes a este encontro virtual, manifestaron a preocupación e descontento xerado pola recente aprobación no Europarlamento desta proposta normativa e criticaron que as decisións adoptadas sen escoitar ao sector cheguen a xerar desconfianzas e que os profisionais do mar se afasten das institucións. Mostraron amáis o descoñecemento  existinte en Bruxelas sobre como se desenvolve o traballo a bordo das embarcacións de pequenas dimensións.

A consellería do Mar apostou por mellorar o texto durante o proceso negociador no marco dos trílogos -o debate entre a Comisión Europea, a Eurocámara e o Consello Europeo- para deseñar un regulamento de control máis adaptado á realidade da frota e que non castigue ao sector.

MEDIDAS ALLEAS Á FROTA DE BAIXURA

A proposta de regulamento inclúe medidas como a videovixilancia a bordo, que  poden colidir coa intimidade do traballo e a protección de datos dos mariñeiros, a xeolocalización dos buques ou a notificación dixital das capturas antes da chegada a porto das embarcacións.

Tanto a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo como outros actores do sector son máis partidarios de que tal medida sexa vontaria -cun sistema de incentivos para a súa instalación- ou obrigatoria como sancións para aqueles infractores graves da normativa, opcións que terían unha maior aceptación no sector.

UNHA OPORTUNIDADE PARA COÑECER DE VEZ A BAIXURA GALEGA

Este tipo de medidas -segundo Rosa Quintana- supoñen maior burocracia e non implican unha mellora substancial do control, como é o caso da xeolocalización das embarcacións de menos de 12 metros de eslora. Para Galicia é necesaria a exclusión da baixura e do marisqueo desa obriga desde o punto que o dispositivo supón un custo importante para a frota xa que se trata de profisionais ben controlados por se atopar as súas embarcacións faenando preto da costa.

Compre agardar que o encontro celebrado hoxe por videoconferencia outorgue á baixura galega a oportunidade de que tanto a Eurocámara como o Consello Europeo e a Comisión Europea, teñan conta do que en realidade significa para Galicia a pesca de baixura e o marisqueo á hora de establecer normas e regulamentos que lles afecta indebidamente porque non están concedidos, realmente, para este tipo de frota. @mundiario

Comentarios