O que non reflicte o PIB (II)

Fas de luz na escuridade.
Fas de luz na escuridade.
Seguramente cando se pensa en economía submerxida hai unha tentación a relacionala exclusivamente con actividades marxinais, mais neste noso mundo, é todo moito máis amplo.
O que non reflicte o PIB (II)

Diciamos hai uns días que a cifra PIB non pode ser utilizada para representar o que non contén. Citabamos a existencia dunha economía submerxida cuxo tamaño pode minar fortemente non só o exame da realidade económica expresada en cifras de produción convencionais, senón tamén ser unha expresión negativa da capacidade social de incorporar economía extrasistema ao funcionamento legal/normalizado.

É preciso diferenciar entre economía submerxida -en termos coloquiais aquela que pode emerxer,  pertence a un sector de actividade económica recoñecido- da economía non observada (por exemplo o marisqueo hai 30 anos), da economía alegal (os pseudo-autónomos) , paralegal (a prostitución) e a ilegal (venda de drogas e de armas).

O tamaño da economía submerxida e das restantes actividades citadas reflicte a capacidade pública de incorporar, recoñecer e/ou perseguir actividades que abranxen desde a ilegalidade/alegalidade, paralegalidade, actividades legais con funcionamento fraudulento e actividades novas con capacidade de elusión fiscal.

Casos destas actividades son todas aquelas que sendo legais facturan en negro: desde a construción da sede central dun partido político nunha rúa centrica de Madrid pasando polo cobro en man das clases a opositores como fan os inspectores do Banco de España, seguindo polos despachos de profisionais liberais que non expiden facturas, senón recibos de pagamento, continuando polas reparacións a domicilio ou en taller sen factura.

Tamén as actividades de servizos realizadas e cobradas pola Igrexa Católica, sen factura e polo tanto sen IVE, continuando pola dúbida que temos cando na autoestrada ao pagar perguntan: quere ticket?...

As actividades novidosas enseguida se afixeron a un funcionamento chusco de país

As actividades novidosas enseguida se afixeron a un funcionamento chusco de país cunha permisividade social á corrupción de rabaño:  os youtubers que se desprazaron en domicilio fiscal a Andorra, os xogadores de apostas en liña... e toda a parte de relacións económicas desta natureza que camiñan por diante da propria lei á hora de teren capacidade de identificación, regulamentación e trato fiscal destas actividades.

Seguramente cando se pensa en economía submerxida hai unha tentación a relacionala exclusivamente con actividades marxinais ou directamente delitivas, mais, como fica dito, o campo, neste noso mundo, é todo moito máis amplo, diverso e “normalizado” que o campo de actividades ilegais ou paralegais.

Precisamente, cando estaba de moda falar de corrupción e se focalizaba sobre os gobernantes, os maoires críticos, os voceiros máis histéricos, os cidadáns máis nervosos, eran aqueles máis entregados á práctica da fraude fiscal, da elusión fiscal e do emprego de traballadores sen papeis e sen dereitos.

Por tanto, o feito de existir un campo de actividades por baixo do chan do normalizado reduce -polo menos na medida do seu tamaño- a posibilidade de ingresos fiscais acordes coa actividade económica existente e, por tanto, un monto considerábel de disponibilidade de erario público para que o Estado gaste en necesidades públicas.

Mais, para levar este labor a termo, fan falla tres cousas: vontade política, programa de acción e fondos públicos destinados a conseguir a normalización e emersión desas actividades. Loxicamente, nos países onde o conseguen é porque as leis e os meios de aplicación son os adecuados. (Continuará) @mundiario

O que non reflicte o PIB (II)
Comentarios