Qué cruz!

Semana Santa en Santiago de Compostela. / Luis Polo
Semana Santa en Santiago de Compostela. / Luis Polo
Seguimos a ser, unha pequena minoría aqueles, aquelas, que sentimos o peso da relixión nacional católica sobre os nos lombos?

Xa vivimos semanas santas peores. Pechaban os cinemas, as discotecas, moitos bares, e a única televisión existente –daquela– estaba monopolizada pola Igrexa nacional católica e o extremismo franquista. Non había escapatoria. Eran lentellas ou lentellas, o franquismo.

Algúns inxenuos e inocentes soñábamos cunha sociedade democrática e libre, respetuosa con tódalas crenzas e ritos, mesmo coas persoas que libremente decidiran non telas ou dubidar, onde a laicidade fose norma común de cidadanía, nun Estado no que as confesións relixiosas, todas, estivesen aseguradas e circunscritas ó ámbito privado, tal  e como figura, por certo, na Constitución do '78, qué menos.

Hoxe, cando un xa víu case que de todo, 44 anos despois, si observamos os medios, públicos e privados, a sobredose de procesións, novios de la muerte, doorosas, estacións de penitencia, confradías, nazarenos e capuchóns, pelis confesionais a mogollón, unha liturxia desmedida de contrarreforma e incienso, co Goberno máis progresista da historia –din–, temos que concluír que somos, seguimos a ser, unha pequena minoría aqueles, aquelas, que sentimos o peso da relixión nacional católica sobre os nos lombos.

Qué cruz! @mundiario

Comentarios