A proxección xornalística e literaria de Alberto Barciela marida co mundo gastronómico

Alberto Barciela. / Mundiario
Alberto Barciela. / Mundiario
Alberto Barciela, colaborador de MUNDIARIO, foi merecedor do Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro.
A proxección xornalística e literaria de Alberto Barciela marida co mundo gastronómico

A proxección xornalística e literaria de Alberto Barciela (Redondela, 1962) marida co mundo gastronómico. Xornalista e destacado colaborador de MUNDIARIO, foi merecedor do Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, e na edición especial de Luar deste venres na TVG, dedicada á Feira do Cocido de Lalín, foi incluida a entrega dos Premios de Gastronomía de Galicia e os Premios de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, galardóns que recoñecen o labor de profesionais do mundo da gastronomía e do xornalismo gastronómico, respectivamente.   

"A calidade literaria, a potenciación do produto local e a unión da cultura co mundo gastronómico" son as características que o xurado do Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro destacou para outorgar, por unanimidade, o citado galardón, polo seu artigo "La valija diplomática de Laxeiro", que forma parte dunha longa serie de traballos que o autor vén publicando sobre os ámbitos turísticos e gastronómicos.

Alberto Barciela, nacido en 1962 en Redondela (Pontevedra), neto e fillo de restauradores, é escritor, xornalista e forma parte da Mesa do Turismo de España.

É membro de número da Academia das Ciencias e as Artes da Televisión de España e da Sociedade Española de Autores e Editores. Ten ampla experiencia en medios públicos e privados, así como na comunicación institucional.

Cunqueiro, o escritor para quen Gabriel García Márquez pediu o premio Nobel de Literatura

Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981) foi un novelista, poeta, dramaturgo, xornalista e gastrónomo español, mestre da narrativa fantástica e especialmente valorado como autor galego bilingüe do século XX. Dedicouse, sobre todo, á literatura e ao xornalismo, e foi director de Faro de Vigo entre 1965 e 1970. @mundiario

En 2021, o tamén xornalista José María Besteiro presentou desde A Coruña en streaming o seu último libro Un home que se parecía a Cunqueiro, unha peculiar biografía do escritor galego Álvaro Cunqueiro, realizada desde un punto de vista moi persoal e narrada en primeira persoa por José Besteiro. Trátase dunha obra sobre o escritor para quen Gabriel García Márquez pediu o premio Nobel de Literatura.

Álvaro Cunqueiro escribiu unha carta, de só 83 palabras, ao seu amigo o tamén xornalista José Trapero Pardo que acababa así: "Estou desesperado, sen noticias, aínda que saiba que todo vai ben. Un abrazo". Era a misiva na que lle pedía como "favor" que falase con Carmen, irmá de Cunqueiro, para preguntarlle "si se recibiron no xulgado dous poderes para o avogado e si xurdiu algunha dificultade". "Todo o que che diga podes vir comunicarmo á Prisión Provincial".

Esa carta vén confirmar algo que se daba por feito entre os estudiosos do popular escritor galego, quen desbordou a literatura de imaxinación unha década antes do boom latinoamericano, e que queda probado: Cunqueiro pasou polo cárcere.

A carta, cuxa data se descoñece, está incluída na biografía que sobre o autor de Merlín e familia escribiu o xornalista José Besteiro, Un home que se parecía a Cunqueiro (Edicións do vento), título que xoga cunha das obras soadas do escritor, Un home que se parecía a Orestes. @mundiario

A proxección xornalística e literaria de Alberto Barciela marida co mundo gastronómico
Comentarios