Buscar

Profesores galegos na chamada ao diálogo entre representantes políticos cataláns

Xunto a nomes tan coñecidos como Mario Vargas Llosa, John Elliot, Paul Preston, Carlos Solà, Joaquín Leguina ou Riccardo Guastini, entre os firmantes do manifesto están Roberto L. Branco Valdés, Carlos Ruiz Miguel e Tomás González Vila, da USC.

Profesores galegos na chamada ao diálogo entre representantes políticos cataláns
Algúns dos firmantes do Foro de Profesores.
Algúns dos firmantes do Foro de Profesores.

Firma

Redacción

Redacción

Análisis de la Redacción de MUNDIARIO. Síguenos en Twitter @mundiario

Os firmantes do manifesto coidan que nos últimos anos están asistindo "a un cuestionamento por parte das sociedades dos mecanismos democráticos". Xunto a nomes tan coñecidos como Mario Vargas Llosa, John Elliot, Paul Preston, Carlos Solà, Joaquín Leguina ou Riccardo Guastini, entre os firmantes do manifesto están Roberto L. Branco Valdés, catedrático de Dereito Constitucional; Carlos Ruiz Miguel, catedrático de Dereito Constitucional, e Tomás González Vila, catedrático de Microbiología, os tres da Universidade de Santiago Santiago de Compostela.

Lembran que o cuestionamento "viuse reflectido especialmente en Cataluña, rexión parte dun estado membro da Unión Europea, onde a democracia está perdendo lexitimidade". Para recuperala, os firmantes piden:

"1. Os representantes políticos, democráticamente elixidos, dos diversos partidos que conforman o Parlamento catalán deben iniciar un diálogo para atopar unha solución á inestabilidade e crecente fractura social creada en Cataluña. Ese diálogo debe facerse dentro das institucións e baixo as canles democráticos prescritos polo Estatuto de Autonomía Catalán e pola Constitución Española.

2. Así mesmo, queremos subliñar as palabras do presidente Kennedy: "Pódese non estar de acordo coas leis, pero non se poden desobedecer". Na nosa democracia, ningún individuo está por encima do cumprimento das leis. Polo tanto, non podemos admitir que os representantes políticos teñan privilexios sobre os seus representados, os cidadáns.

3. No caso de que os nosos representantes políticos incumplan as leis, esiximos que estes sexan xulgados con todas as garantías por un sistema de xustiza independente e, si se demostra que incumpliron as leis, sexan condenados.

4. Solicitamos o estrito cumprimento da neutralidad ideolóxica das institucións catalás, incluíndo centros de ensino, medios públicos de comunicación, colexios profesionais e o goberno autonómico, entre outros.

5. Non é posible vivir en democracia sen ter liberdade de prensa. Por iso, condenamos os señalamientos e agresións de xornalistas no exercicio do seu labor como informadores en Cataluña. Sumándonos así ás condenas xa efectuadas por Reporteiros sen Fronteiras e OSCE, The Representative on Freedom of the Media.

6. Finalmente, solicitamos que o Gobierno español garanta os dereitos e liberdades dos seus cidadáns e que velle pola convivencia dos cidadáns cataláns. Si os demócratas non respectamos o Estado de Dereito e non defendemos os mecanismos de funcionamento de representación, as democracias perecerán." @mundiario