A profesora María Cadaval foi a madriña do grao en economía da USC
"Ser economista implica ter un papel na creación dunha sociedade e dun mundo que pretende ser mais xusto, sustentable e inclusivo", salientou María Cadaval.
Esta tarde celebrouse o acto de graduación da promoción 2019-2023 do grao en economía da USC. Asistiron, ademáis do alumnado que se graduaba, o decano da facultade de Ciencias Económicas, Xoan Doldán, o vicedecano de Estudantes, Adrián Dios, e a madriña da promoción, a profesora María Cadaval, xunto co padriño, Pedro Varela.
Estiveron acompañados por numerosos familiares e amigos, ademáis dunha ampla representación do profesorado. O acto foi conducido por Carmen Carballido e Xurxo Doval, en representación do alumnado.
Tras a apertura oficial da celebración, a madriña dirixiu unhas palabras aos presentes a través das que trasladou o orgullo e a esperanza na nova xeración de economistas, que terán a oportunidade de "transformar a vida das persoas e do país no seu conxunto, o que conleva unha grande responsabilidade."
"Ser economista implica ter un papel na creación dunha sociedade e dun mundo que pretende ser mais xusto, sustentable e inclusivo", salientou María Cadaval. Referiuse a esta promoción coma a da resiliencia, aquela que comezou a andaina universitaria no difícil contexto da covid-19.
A profesora María Cadaval animou aos futuros economistas a non conformarse nunca coa mediocridade. "Aspirade ao mais alto e loitade con forza para acadalo. Con esforzo, constancia e perseverancia poderedes conseguir o que vos propoñades e si fracasades teredes aprendido moitas cousas que vos permitirán acertar na seguinte ocasión", dixo.
Xa que logo, a madriña pronunciou un discurso emotivo durante a cerimonia, consciente de que eran momentos que adoitan quedar gravados na memoria do alumnado para sempre. Para os estudantes é unha forma de celebrar os logros alcanzados e de mirar cara ao futuro con esperanza e entusiasmo. Estes eventos tamén son unha oportunidade para que os estudantes se despidan da súa vida universitaria e se preparen para afrontar novos desafíos no mundo laboral ou no seu camiño cara aos estudos de posgraduado.
Co recoñecemento ao esforzo dos egresados mais tamén dos seus familiares e amigos pechou a madriña a súa intervención, á que seguiu nunha liña semellante a do padriño, Pedro Varela. Pechou o acto o decano, Xoán Doldán, cun discurso que deu lugar á imposición de becas e entrega de diplomas.
Momentos de gran importancia e emoción
As festas de grao con orla e a elección de madriña e padriño de cada promoción son momentos de gran importancia e emoción para o alumnado universitario que culmina a súa etapa académica. Estes eventos marcan o fin dunha etapa de esforzo e dedicación, e a entrada a un novo capítulo na vida dos graduados.
A tradición da festa de licenciatura con orla é un costume arraigado en moitas universidades ao redor do mundo. Os estudantes, ataviados coas súas mellores galas, reúnense para celebrar o seu logro académico e recibir o recoñecemento polo seu arduo traballo durante os anos de estudo. A orla representa os distintivos de cada facultade e simboliza o fin dun ciclo académico.
As figuras da madriña e o padriño teñen un significado especial na cultura estudantil, xa que se converten nunha inspiración para os recentemente graduados e simbolizan a continuidade e o legado da universidade. @mundiario