Buscar

Problemas coas cotizacións dos mariñeiros 

Hai mariñeiros perden cotizacións e ven reducidos os seus dereitos sen que ninguén dea conta de nada.
Problemas coas cotizacións dos mariñeiros 
Corda dun barco. / Pixabay
Corda dun barco. / Pixabay

Antón Luaces

Periodista.

​Dende decembro de 2019, sen previo aviso e con efectos retroactivos, o Instituto Social da Mariña está a aplicar ó persoal civil que realiza a bordo das patrulleiras de altura da Garda Civil as súas funcións profesionais como persoal contratado para as devanditas patrulleiras, reducindo considerablememnte o coeficiente redutor que permite a ese persoal adiantar ata cinco anos -segundo as súas cotización- a idade de xubilación. A maior parte dos traballadores civís nos buques oceánicos citados está composta por mariñeiros de distintas categorías con idades que oscilan entre os 45 e os 60 anos, polo que algúns deles poderían acollerse ós beneficios dos coeficientes redutores, algo que non poden facer xa qyue logo cos novos baremos teñen que retardar ata tres anos eses beneficios.

Estes profesionais están contratados non pola Garda Civil ou un Ministerio, senón  por Gauzón Ibérica, empresa con sede en Ferrol. En concreto trátase de persoal civil que desenvolve nas patrulleiras de altura ou buques oceánicos Río Miño, Río Tajo e Río Segura (o máis novo da xeira) os labores propios dos profesionais da navegación pola súa preparación e titulación como mariños profesionais dado que os do equipo operativo da embarcación corresponden exclusivamente ós membros da Garda Civil  encargados da loita e control contra a migración ilegal, salvamento e axuda humanitaria no mar, incautación de drogas, etc.

O coeficiente redutor pasou a ser do 0,35 ao 0,15, menos da metade do que estaba disposto. Pero é que, a  maior prexuizo, este profesionais -case todos eles residentes en poboacións galegas como son Ribeira, Noia, Boiro, Bueu, Serra de Outes. etc.- non foron informados de tal redución e atópanse inmersos nos labores de reclamación dos seus dereitos en base é maior dos coeficientes, negándolles os mesmos o Instituto Social da Mariña, que non da explicacións de ningún xeito.

Curiosamente, estes mariñeiros galegos desenvolven a súa actividade en buques oceánicos que teñen as súas bases en Cádiz e Las Palmas, e patrullan augas de Senegal, Mauritania, Canadá, Italia, Arxeria (onde hai pouco cadraron co ministro de Interior, Fernando Grande-Marlaska Gómez) etc. , como pode comprobarse das consideradas "de altura". Ao non ser deste xeito, os mariñeiros perden cotizacións e ven reducidos os seus dereitos sen que ninguén dea conta do por que e, moitos menos, ofreza unha explicación do motivo polo que, entenden os afectados, se conculcan ese dereitos facendo que se apliquen con carácter retroactivo normas aprobadas posterioermente á entrada en vigor dunha lei. @mundiario