Buscar

Primavera adúltera

Que era de Galicia neste renacemento da ilusión democrática e anovadora? Cataluña e Euskadi ocuparon espazos protagónicos do súpeto amencer. E Galicia? Que fixemos dela?

Bandera de Galicia.
Bandera de Galicia.

Firma

Pablo González Mariñas

Pablo González Mariñas

El autor, PABLO GONZÁLEZ MARIÑAS, es colaborador de MUNDIARIO. Es político, profesor de Derecho Administrativo y escritor. Fue miembro del Partido Galego Independiente y diputado por la UCD en el primer Parlamento de Galicia. Tras ser uno de los fundadores de Coalición Galega, en 1985 encabezó la escisión del sector más nacionalista, que dio origen al Partido Nacionalista Galego. Fue conselleiro de la Presidencia y diputado por el BNG. @mundiario

Hai un par de días chimpei da cama dun brinco, como se espertara dun longo letargo. Foi un acto reflexo, non determinado por unha vontade clara. Hai tempo que é costume do meu corpo non obedecer á primeira, como se, renuente, estivese a facer a disolvente pregunta de se pagaría a pena sair á rúa.

Reposto do intrépido brinco, separei as cortinas do dormitorio. Catei a luz do amencer. Ningunha parusía anunciabase decidida. A primavera facía adulterio co inverno e nada sobresalía entre os grises. Aparentemente, a luz era a mesma, as rúas, os meus intuidos lugares favoritos, mesmo tamén ese certo estado de lasitude que da a choiva ameazante, e o ceo inzado de nubes grises eran os mesmos…

Pero a miña mente, raramente enfebrecida, daba conta de que algo anormal estaba a pasar, algo distinto, inusual, benvido, que eu intuía na pele nun raro escalofrío. Sen dúbida esta inquedanza era filla do desexo de que a agochada primavera chegase de vez.

Pero, que era de Galicia neste renacemento da ilusión democrática e anovadora? Cataluña e Euskadi ocuparon espazos protagónicos do súpeto amencer. E Galicia? Que fixemos dela?

Pasaron dende aquela a penas un par de días. Quen son eu?, Que desexo conservar e que fortalecer? Onde o meu universo espiritual e material?

Alégrome do cambio, de ter un  respiro “no pesado oficio de vivir en galeguismo”. Pero, ei de me fiar? Con quen contamos para este laborioso oficio?

Quero conservar aquel brinco mental que deu lugar á primavera presentida. Pero facelo tamén dende Galicia. Bótoa de menos. Quero observar cada rapaz e rapaza que nacen aquí estes días mirando ao ceo, que sexan moitos sobrevoando o conformismo e a ignorancia, trepar ás árbores autóctonas para ver mellor o horizonte, deitarme nas orelas da auga azul dos nosos ríos e na area das praias bravas  e escoitar a mensaxe do vento, dese noso vento que quizais unha vez mais está a ser ignorado por esta primavera adúltera, que a penas fala de Galicia, da nosa lingua e das nosas lexítimas ambicións. @mundiario