Presentado o curso de verán da USC O mundo dos viños galegos

Elisa Rubí e Roque Durán. / Mundiario
Elisa Rubí e Roque Durán. / Mundiario

Plantexa unha reflexión sobre a sostenibilidade: os aspectos medioambientais, sociais e de goberno corporativo, no marco do X Foro do Albariño, os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo de 2022.

Presentado o curso de verán da USC O mundo dos viños galegos

A directora do xurso de verán organizado pola USC e profesora desa universidade, Elisa Rubí; o presidente da Asociación Adegas do Salnés, Germán Martínez, e o presidente-conselleiro delegado de Adegas Terra de Asorei, Xosé Ramón Durán, Roque, presentaron o Curso de Verán da Universidade de Santiago de Compostela O mundo dos viños galegos (2ª edic), no marco do X Foro do Albariño. Impartirase do 29 de xuño o 1 de xullo do 2022 en Adegas Terra de Asorei, en San Martiño de Meis (Pontevedra), no centro Comarcal Exposalnés en Cambados e o acto de clausura será no Pazo de Ulloa, en Cambados.

O curso de verán da USC O mundo dos viños galegos plantexa unha reflexión sobre a sostenibilidade: os aspectos medioambientais, sociais e de goberno corporativo. Elisa Rubí, directora do curso, destaca a transversalidade do curso. Nel preténdese dar unha visión multidisciplinar e actual sobre o mundo do viño galego e en particular do albariño do Val do Salnés nas Rías Baixas. "Consideramos que a sostenibilidade no sector vitivinícola é unha obriga ética, que temos cos nosos ecosistemas, para minimizar os impactos do cambio climático e é unha responsabilidade social", dixo.

Este curso está dirixido alumnos, profesores universitarios ou de formación profesional, institutos, profesionais do sector do viño ou público xeral que queiran acercarse ao mundo do albariño actual e ás tendencias e novidades do sector, contemplado dende varios puntos de vista.

A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2022 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu estudantado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso. Este curso de 30 horas equivale a 1 crédito.

Un referente para o sector do Albariño

“Xa imos coa X edición do Foro que comezou no ano 2008 e continuamos a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, iniciada no 2019 e recuperada de novo neste ano despois da pandemia da covid. Por iso agradecemos á Universidade de Santiago Compostela o permitir a Adegas Terra de Asorei e a Asociación Adegas do Salnés colaborar neste curso", dixo Xosé Ramón Durán, Roque.

"Pola nosa parte, traballaremos coa intención de que se consolide este curso de verán, ano a ano, como un referente para o sector do Albariño no Val do Salnés nas Rías Baixas e que a nosa Adega sexa un lugar de encontro, para coñecer os avances e novidades sobre investigacións relacionados co albariño e as tendencias socio- económicos, de comercialización e de sostenibilidade", sinalou.

Xosé Ramón Durán, Roque, afirma que hoxe en día, para vender viño en Galicia e sobre todo internacionalmente, ademais de ter a pasión de cultivar o viñedo, o arte de elaborar un bo albariño hai que ter detrás una empresa eficiente e valores de respecto as persoas, o medio ambiente e ser sensibles en tomar medidas para evitar o cambio climático. "As adegas deben responder a esta nova sensibilidade e realidade. Por eso, un dos eixos deste curso e a sostenibilidade nas adegas", sostén.

O presidente-conselleiro delegado de Adegas Terra de Asorei afirmou que dentro de esta cultura e o respecto a biodiversidade dedicase parte dunha xornada a recuperación de variedades autóctonas, en concreto, a recuperación do viño tinto Espadeiro, unha uva senlleira do Val do Salnés que fai un viño tinto galego de calidade.

Catro liñas

Tamén sostén que este curso foi deseñado seguindo catro liñas. Unha, escoitar experiencias que están facendo fora de Galicia, como os representantes da Asociación de Bodegas Familiares de Rioja, o sociólogo catalán Lluis Tolosa, e traer a unha das persoas que máis está estudiando o enoturismo e as Rutas do Viño. Segunda liña é a economía circular, a viticultura e as empresas-adegueiras sostibles, do que van a falar profesores catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela e de A Coruña. Como terceira liña, poñer en valor a recuperación dunha uva senlleira e autóctona galega como é o Espadeiro, símbolo da biodiversidade e as oportunidades que da unha uva galega para elaborar un viño de calidade. E cuarta, dar a coñecer investigacións e estudos que se están a facer na viticultura sostible e de precisión.

A directora do curso, Elisa Rubí, indica que é unha oportunidade de seguir facendo os esforzos en crear una verdadeira cultura do viño que axude o sector a facer fronte os retos do cambio climático e a sociedade recoñecer a importancia que ten o viño, no tan so na economía senón tamén na nosa cultura.

No curso falarase da importancia dos Criterios medioambientais. A idea é dar a coñecer as investigacións/innovacións mais actuais para adaptar o sector do viño os cambios xerados polo cambio climático. Presentarase un exemplo práctico: Proxecto Algaterra: Nuevos insumos agrícolas para la mejora de cultivos en ecológico elaborados con algas marinas de Galicia.” O obxectivo de este proxecto é elaborar novos insumos agrícolas cos descartes de algas mariñas que se producen na industria alimentaria, e probar a súa eficacia para ser utilizados tanto en agricultura ecolóxica, como en reconversión e tamén para agricultura convencional sostible. Este proxecto é cofinanciado con Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER), no marco do Programa de desarrollo rural (PDR) de Galicia 2014-2020. @mundiario

Viñedos de Adegas Terra de Asorei, nas Rías Baixas. / Mundiario
Viñedos de Adegas Terra de Asorei, nas Rías Baixas. / Mundiario

Adegas Terra de Asorei e Asociación de Adegas do Salnés

Adegas Terra de Asorei é unha adega familiar ubicada en San Martiño de Meis que elabora viños 100 % de uva albariña do Salnés da Denominación de Orixe Rías Baixas. Unha adega que aposta pola calidade, conta coas certificacións “Galicia Calidade”, así como os sistemas de xestión ISO 9001, de Calidade, e 14001, de Medio Ambiente, e forma parte do Decálogo do Ministerio de Sostenibilidade. E cunha aposta e estratexia clara pola internacionalización dos seus viños, a día de hoxe Adegas Terra de Asorei xa exporta os seus albariños en 22 países.

A Asociación de Adegas do Salnés é unha entidades en ánimo de lucro constituída no ano 2006, herdeira da antiga Asociación de Pequenas Adegas do Salnés. Actualmente está integrada por adegas e viticultores do Salnés adscritos á Denominación de Orixe Rías Baixas. E conta con representación no Consello Regulador Rías Baixas

Tanto Adegas Terra de Asorei como a mencionada asociación buscan a promoción da cultura do viño e a importancia que este elemento ten na configuración social e económica da comarca do Salnés, en Galicia. @mundiario

Comentarios