Preocupan as cotas de especies atlánticas vinculadas á obriga do desembarque

El ministro de Agricultura, Luis Planas. / Twitter
O ministro de Agricultura, Luis Planas. / La Vanguardia
Por exemplo, o bacallao céltico e do oeste de Escocia, os rapantes e os peixe sapos da Zona VI no caladoiro do Gran Sol, anáis do ollomol e os alfonsinos. 
Preocupan as cotas de especies atlánticas vinculadas á obriga do desembarque

​O ministro de Pesca, Luis Planas, ven de instar á Unión Europea a establecer o Total Admisible de Capturas (TAC) da xarda, debido ó próximo comezo desta pesqueira en España. Planas avoga, amáis, por acadar un equilibrio axeitado nunhas relacións comerciais sólidas. Após o acordo acadado entre a Unión Europea e o Reino Unido, Luis Planas urxe á Comisión Europea a fixación definitiva das cotas pesqueiras pendentes para o ano 2021, no marco do primeiro consello de ministros de Agricultura e Pesca da UE tras o acordo do Brexit, consello que é tamén o primeiro que se celebra baixo a presidencia semestral de Portugal.

Na orde do día desta reunión, figuraba como asunto importante as posibilidades de pesca para as poboacións compartida co Reino Unido. Para o ministro español, acadado o acordo co Reino Unido resulta esencial fixar definitivamente os TAC e cotas de pesca dos stocks compartidos -que quedaran pendentes no pasado  mes de decembro- para asegurar os intereses do sector pesqueiro. Seguridade e celeridade son necesarios neste momento, dixo o ministro Planas, quen espresou o apoio ao documento da Presidencia que servirá de guía para o desenvolvemento das consultas da Comisión co Reino Unido. Un proceso que se debe abordar con "plenas garantías e sen dilación", á vez que se mantén a unidade de acción e a salvagarda do papel que corresponde ás institucións comunitarias.

​Para o ministro trátase dun exercicio novidoso, no que deben prevalecer os principios da Política Pesqueira Común e do Rendemento Máximo Sostible (RMS) das pesqueiras. Preocupan as cotas de especies atlánticas vinculadas á obriga do desembarque. Por exemplo, o bacallao céltico e do oeste de Escocia, os rapantes e os peixe sapos da Zona VI no caladoiro do Gran Sol, anáis do ollomol e os alfonsinos. 

Fóra do contexto bilateral co Reino Unido e en relación co TAC, o ministro instou a fixar o TAC de xarda debido ó próximo comezo desta pesqueira en España, e ao atún branco ou bonito, sector no que España se opón a sufrir as penalizacións que se impoñen por sobrepesca que outros países reealizaron.

De se lograr esa fixación de TAC para a xarda que lle corresponde a España queda por decidir que vai facer a Secretaría General de Pesca en relación ós dereitos que se lle recoñecen ás frotas de Euskadi e Cantabria e que se lles negan ás de Galicia e Asturias, polo que superar as eivas comunitarias non garanten repartos xustos de cotas para a frota galega, que ten  na xarda o seu verdadeiro cabalo de batalla. @mundiario

Comentarios