Buscar

Preocupación en España pola proposta da Comisión Europea de limitar os días de pesca en 2021

España e Portugal coinciden en que os últimos datos en relación co estado das pesqueiras de sardiña ibérica amosan que  é factible solicitar á Comisión Internacional para a Explotación do Mar unha revisión da situación do stock que permita ampliar as capturas.
Preocupación en España pola proposta da Comisión Europea de limitar os días de pesca en 2021
Cabeceira da edición GALICIA de MUNDIARIO sobre a desembocadura do río Miño, entre Galicia e Portugal. / Antonio Sangiao
Cabeceira da edición GALICIA de MUNDIARIO sobre a desembocadura do río Miño, entre Galicia e Portugal. / Antonio Sangiao

Antón Luaces

Periodista.

Os ministros do Mar de Portugal, Ricardo Serrâo Santos, e de Agricultura, Pesca e Alimentación de España, Luis Planas, nunha vídeoconferencia pasaron revista ós máis importantes asuntos contemplados na Política Común de Pesca (PPC). España quere defender os obxectivos desa Política Común de Pesca, manter o acceso ás augas e o reparto de cotas segundo o principio de estabilidade relativa. O país luso ocupará a Presidencia do Consello da Unión Europea durante o primeiro semestre do vindeiro ano 2021. E se ben poido saberse que ambos os ministros se detiveron especialmente no espiñento asunto do acceso ás aguas británicas, o certo é que na referencia sobre este encontro telemático o Ministerio de Agricultura español non ofreceu dato algún sobre a postura específica de España e Portugal ao respecto, limitándose a sinalar a importancia de acadar acordos que permitan tal continuidade. Os ministros pasaron  revista á situación das negociacións sobre a saída do Reino Unido da Unión Europea e ambos coinciden na necesidade de chegar a un acordo que garanta a continuidade da actividade da frota pesqueira.

Sí  quedou nidiamente clara a preocupación de España pola proposta da Comisión Europea para limitar os días de pesca en 2021 para a frota de arrastre no Mediterráneo, polo que formulou a necesidade de adoptar un enfoque e aplicación progresivos e proporcionados do Plan de Xestión do Mediterráneo, como está establecido, ata o ano 2025.

Tamén é partidaria España de evitar novas reduccións no Total Admisible de Capturas (TAC) e cotas de pescada sur para 2021, sobre todo após os axustes levados a cabo nos últimos anos nas posibilidades de pesca e que supuxeron importantes esforzos por parte da frota española.

O ministro Luís Planas reiterou o compromiso de España coa adopción dun enfoque equilibrado do problema, aínda por resolver,  da protección de cetáceos no Golfo de Biscaia. Valorou qwue se adoptara unha recomendación conxunta con Francia e Portugal no Consello Consultivo Rexional de Augas Suroccidentais.

España e Portugal coinciden en que os últimos datos dispoñibles en relación co estado das pesqueiras de sardiña ibérica amosan que  é factible solicitar á Comisión Internacional para a Explotación do Mar (ICES) unha revisión da situación do stock que permita ampliar as capturas asociadas. En todo caso, coidan que as decisións que se adopten deben estar baseadas na mellor información para ter as máximas garantías de éxito. @mundiario