Portos de Galicia activa un sistema provisional ó acceso ao porto de Malpica

Puerto de Malpica, en A Coruña. / Mundiario
Porto de Malpica, na provincia de A Coruña. / Mundiario
A  familia do finado patrón do Silvosa continúa recollendo sinaturas en apoio da reclamación de solucións para esta dársena cuxa apertura ou peche está regulada por unhas comportas que, ao seren accionadas, orixinan unha forte corrente
Portos de Galicia activa un sistema provisional ó acceso ao porto de Malpica

​Case que dous anos dempois do accidente do pesqueiro de Malpica Silvosa, acontecido o 20 de decembro de 2018 e no que  faleceu o seu patrón José Ángel Sanjurjo Láuzara, a Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, activou o pasado día 4 deste mes por primeira vez un sistema de previsión de correntes debidas á onda longa na comporta da dársena interior do porto de Malpica. Trátase dun método experimental que funcionará polo de agora en período de probas.

Como continuación do proxecto MarRisk, dende o depàrtamento que preside Susana Lenguas, impulsouse o desenvolvemento deste sistema experimental baseado en datos de Meteogalicia, que posibilitará estimar cunha antelación de 72 horas a velocidade da corrente que se producirá na comporta da dársena interior xa citada do porto de Malpica. Con este dato poderase alertar e orientar aos usuarios sobre as condicións de acceso á citada dársena.

Os datos serán trasladados desde Portos de Galicia aos usuarios a través da confraría de pescadores local mediante un documento que recolle a previsión de ondada, a gráfica da velocidade de onda longa e un informe desglosado por horas con tres niveis de recomendación de uso para cada hora representados por un semáforo: verde, para o uso recomendado; amarelo, para nivel de precaución, e vermello para uso non recomendado.

Este sistema experimental posto en marcha supón, segundo a Consellería, unha alternativa provisoria en paralelo ao traballo técnico que Portos de Galicia realiza para definir unha solución definitiva ao problema "de axitación" na darsena de Malpica. A día de hoxe atópase a licitación e redacción o proxecto, cun importe asignado de case 100.000 euros.

A  familia do finado patrón do Silvosa continúa recollendo sinaturas en apoio da reclamación de solucións para esta dársena cuxa apertura ou peche está regulada por unhas comportas que, ao seren accionadas, orixinan unha forte corrente que, no caso do mencionado pesqueiro -unha embarcación de artes menores que faenaba con betas, con base no mesmo porto malpicán-afundiu cando abandonaba a dársena, pouco dempois das catro e media da mencida do 20 de decembro de hai dous anos. A formulación dos familiares de José Ángel e mesmo a da confraría de pescadores de Malpica para solucionar este problema pasa pola eliminación do chanzo existente na parte baixa da comporta, que polo de agora non se sabe si é ou non unha das solucións que Portos de Galicia pode dar a este grave problema que, dous anos dempois do fatal accidente, ainda está  por resolver.

José Ángel Sanjurjo Láuzara tiña 48 anos. O barco, con casco de madeira, tiña 12 metros de eslora. Saía faenar con catro tripulantes a bordo, un deles o finado patrón. A embarcación , posiblemente polo efecto embudo que sexera ó accionar as comportas, xirou a babor. A proa bateu contra o peirao e a corrente fixo que volcara, quedando quilla ao sol. O corpo do patrón foi localizado e recuperado 40 minutos máis tarde do suceso. O barco presentaba danos na proa e un burato na popa. @mundiario

Comentarios