Unha política agraria con prezos xustos, máis alá das subvencións, esixe frear poderosos intereses

Paisaje rural de Galicia. / CostaMeiga
Paisaxe rural de Galicia. / CostaMeiga
No campo baixan os prezos do que venden e soben os prezos do que mercan, como os abonos, pensos e outros, e a  tendencia é seguir así no futuro.
Unha política agraria con prezos xustos, máis alá das subvencións, esixe frear poderosos intereses

O ano 2019 foi un ano malo para a agricultura e gandeiría no Estado español, con meteoroloxía adversa, barreiras comerciais, paralización política, prezos dos produtos moi baixos, importacións camufladas procedentes do norte de África,  subvencións da PAC que apenas aumentaron... 

As estimacións da Renta Agraria en España do Ministerio de Agricultura de decembro 2019, reflicten que se experimentou un descenso do 8,6% en termos correntes con relación ao ano anterior. O valor da produción vexetal diminuíu nun 7,1% e os consumos intermedios necesarios para a produción aumentaron chegando ao 3,6%, algúns como os fertilizantes subiron no 2019 nun 6,6%, e o pensos nun 3,1%, e  ambos representan un gran gasto nas explotacións.

Os prezos agrícolas  en orixe no 2019 segundo o Ministerio, sufriron unha caída do 3% respecto do ano anterior, chegando ao 6% de media nos produtos vexetais como cereais, hortalizas, froita... , no caso da froita o prezo no campo descendeu nun 11,9% e no aceite de oliva  baixou un 23,2%. Para a produción animal os prezos tamén  descenderon en aves (-7%), bovino (-3,8%), ovino (-3,3%) e ovos (-10,8%)...

Prezos ridículos pagados ao produtor  por  alimentos básicos, prezos  que se van multiplicando ao longo da cadea alimentaria ate chegar elevados ao consumidor. As multinacionais alimenticias  intermediarias e finalistas que  venden os produtos en supermercados, grandes superficies...multiplican o prezo (o dobre do que pagaron ou máis do  500%) .

En resumo no campo baixan os prezos do que venden e soben os prezos do que mercan como os abonos, pensos e outros, e a  tendencia é seguir así no futuro. Si nos centramos no prezo dos cereais observamos que veñen caendo  dende hai anos, o millo pasou de valer 260 euros/t  no ano 2011 a menos de  180 euros/t no 2019, mesmo en xullo estaba a 168,9 euros/t  e en decembro caira a 150,3 euros/t. O millo non foi o único,  sucedeu con outros cereais grao como o trigo que pasou de 270 euros/t no ano 2007 a 200 euros/t no 2019...

Podemos pensar que como os prezos non compensan, sempre quedan as subvencións. A Política Agraria Común (PAC) inverte na UE cada ano entre 46.000 e 60.000 millóns de euros no sector agrario e o próximo período presupostario que comenza no 2021, xa está en negociación coa previsión e anuncio de que os fondos se van rebaixar da orde do 14% o que vai repercutir e fundir máis a economía labrega.  No ano 2019 España contou con  6.427,2 millóns de euros de subvención, no 2018 foran 6.300 millóns dos fondos europeos, o ano anterior 5.893 millóns...

Galicia recibe unha parte todos os anos, no 2017 un total de 753,3 millóns de euros de Fondos Europeos e a Consellería de Medio Rural tiña un crédito final de 372,3 millóns de euros que representaban máis da metade de porcentaxe de participación final dos programas europeos, claro que non é so recibir unha cantidade senón tamén onde se inverten e que pretenden conseguir no futuro e  aquí pena que boa parte se despilfarre ano tras ano nun combate sin fin  contra os incendios forestais  por unha errada e nefasta política  forestal baseada en especies alleas e pirofíticas. Mentres se perdian miles de hectáreas de cereal,  no período 1941-1973 ganábanse para repoboacións forestais 300.000 has de piñeiros e eucaliptos, todo para abastecer a industria da celulosa e taboleiros. A política europea de subvencións para terras agrícolas -idonea para Inglaterra por exemplo é inadecuada para Galicia-  tamén contribuíu aquí ao  abandono de terras agrícolas neste século.

Os prezos a baixa e a politica do Estado e logo da Xunta que se centra máis no forestal que  no agrario-gandeiro, levou en Galicia a perda de forma progresiva de cabezas de ganado e de superficie de cultivo e concretamente de 329.907 has  de cultivo de cereais-grao dende 1939 a actualidade  é dicir unha perda media anual de 4.073 ha, e as últimas cifras do ano pasado dan unha perda de terras agrícolas  de 7.000 has. Mentres isto sucede polo porto da Coruña importamos anualmente mais de 2 millóns de toneladas de cereais procedentes  de Brasil, Estados Unidos, Arxentina, Ucrania, Romanía... a gran maioría cereais transxénicos. Cereais que serven de alimento directamente ou transformados en pensos  para as granxas -de carne e leite-  e que van ter un volume de negocio que supera amplamente  mil millóns de euros.

Observemos  a continuación a situación histórica da superficie de tres cereais básicos na agricultura galega – ver cadro I e II- :

- Millo.  A  de extensión promedio de millo en 1939-48 era de 195.648 ha  e pasou  no ano 2020 a 86.000 ha coa diferencia de que no primeiro caso era toda a superficie de millo-grao e no segundo caso non chega a 18.000 ha a extensión de millo- grao, o resto é millo forraxeiro.

-Trigo: A extensión plantada de trigo pasou dee 42.000 ha de promedio no 1939-48  a 35.371 ha no ano 1970 e menos de 13.000 ha na actualidade.

- Centeo. Eramos grandes produtores de centeo cunha extensión plantada no  1939-48  tres veces superior ao trigo e alcanzaba 126.500 ha, pasamos  hoxe a tan so 4.000 ha, perdéronse  preto de 100.000 ha nos últimos 50 anos.

Cadro I. Comparación en diversos anos da superficie galega de cereais

Hectáreas

 

Trigo

 

Centeo

 

Millo-grao

 

Cebada

Avea

TOTAL

 

Promedio

1939-48

42.350

126.500

195.648

 

 

364.498

1950

42.350

126.500

192.516

 

 

361.366

1970

35.371

101.811

184.233

1.458

2.188

 325. 061

1998

20.708

12.052

31.617

1.240

569

66.186

2017

14.042

5.162

17.858

684

121

37.867

2019 provisional

13.511

3.170

18.862 *

408

255

36.206

2020 provisional

12.946

4.075

17.570

 

204

34.795

Fonte: Anuario Estadístico Ministerio Agricultura  Anos 1950 e sucesivos.  2020 son previsións de novembro   2019. * Ano 2018 .  2017: millo forraxeiro =69.361 ha. 2019 : millo forraxeiro = 68.611 has e produce 2,04 millóns t.

Cadro II. Desembarcos polo Porto de A Coruña en 2018

En toneladas

   Millo 

Trigo  

Cebada 

Fariña soia

Fariña colza

Pensos e forraxes

Total

1.317.994

99.385

37.420

385.389

238.317

199.301

2.277.786

Fonte: Memoria Porto de A Coruña.

Ante isto podemos preguntarnos:

1. Por qué dende o  Goberno non se regula o mercado para que os produtos teñan un prezo xusto no campo?. Como se pode estar producindo sen apenas ganancias ou mesmo sin elas ou incluso a perdas en determinados anos tanto nos cultivos agrícolas como  nas granxas de leite como sucede  en Galicia.

2. A que se espera para controlar ou mesmo limitar os prezos da cadea alimenticia, en particular das multinacionais? Como non se van asfixiar os labregos con  situacións tan inxustas e inxustificábeis como as actuais.

3. Si os prezos son xustos, as subvencións xa non serán tan fundamentais, poden chegar a perder peso na economía labrega, a PAC deixará de ter o papel de “salvavidas” que ten hoxe en moitas explotacións. Interesa conseguilo?

4. O Goberno galego demostrou durante anos que non ten interese nunha  política agraria distinta a actual, nin en recuperar parte da poboación perdida no medio rural, sucederá o mesmo co novo Goberno do Estado?

As protestas actuais perseguen que o labrego e traballadores do campo podan vivir dignamente do traballo diario, para eso a política agrícola ten que garantir prezos xustos,  e condicións de vida e sociais cun nivel similar aos  traballadores doutros sectores, condicións similares ás que se desfrutan nas urbes (servizos sanitarios, proximidade para educación, transporte, infraestruturas – auga, alcantarillado...- , comunicacións adecuadas, tamén podian pedir  enerxía barata como as electrointensivas...) .

Dende o Goberno escoitar e dialogar non chega. Alentar a presión na rúa para conseguir máis fondos de Bruxelas non vai solucionar o problema: é “pan para hoxe, fame para maña”. Si queren cambiar a situación  e frear o abandono e despoboamento do  campo, si queremos reverter a situación, o  Goberno  necesita actuar decidido  e firme frente a poderosos intereses. A maiores  ten que contar co cambio climático e a necesidade de sostenibilidade. @mundiario

Comentarios