Podemos e IU, coa imprescindíbel achega de Anova, tentan desnaturalizar o proxecto nacional de En Marea

Luis Villares.
Luis Villares.

En Marea xoga a súa supervivencia como forza galega nas vindeiras primarias, así como a súa capacidade de lle dar canle política á pluralidade e á transversalidade da sociedade galega.

Podemos e IU, coa imprescindíbel achega de Anova, tentan desnaturalizar o proxecto nacional de En Marea

Podemos e IU alimentan en grande parte as súas estruturas estatais (Podemos ten máis de cen liberados en Madrid) cos 800.000 €/ano que receben os cinco deputados estatais e reparten a terzos os tres partidos que formaron a coalición. Velaí a obsesión por continuar coa coalición e non render contas á organización soberana En Marea. Nin un peso destes cartos van a En Marea nin ás mareas locais. A obsesión polo dominio é, tamén, económica.

Podemos e a súa  socia secundaria, IU, queren liquidar En Marea, converténdoo nun  apéndice galego subordinado. O chocante  é que conten para ilo coa ferramenta de Anova.

No outono de 2015 as plataformas cidadás Iniciativa pola Unión e Encontro pola Marea Galega  tentaron construir unha grande candidatura galega de progreso e foron vetadas por unha coalición entre os cumios políticos de Podemos, EU a Anova para as eleccións estatais de decembro,  no canto de formar unha estrutura unitaria onde puidesen participar os milleiros de cidadáns adherídos ás devanditas plataformas cidadás.

No verán de 2016 fundouse En Marea como organización nacional galega, soberana e de adscrición individual, que habería asumir todo o espazo político xerado pola mobilización cidadá previa. En Marea como organización unitaria foi a fórmula nas eleccións galegas de 2016, liderada por Luis Villares. Mais os cinco deputados estatais de En Marea integraron o grupo  de Unidos Podemos no canto de optar, canda Compromìs, por cumprir co seu electorado e formar subgrupo autónomo no Grupo Mixto. A visualización desta coalición como forza galega foi un grandísimo fracaso. Para máis, na asemblea de En Marea do pasado 27, catro dos cinco deputados mareantes refugaron render contas por mor da súa obediencia tripartita no canto da mareante, vulnerando abertamente a proposta Beiras que lles vinculaba.

Porén, das resultas desta operación, os deputados estatais de En Marea xeran 800.000 €/ano que reparten a terzos  Anova, Podemos e EU. Estes dous últimos fornecen con eses cartos as súas necesidades estatais. Na sede de Podemos de Madrid hai máis de cen liberados, financiados tamèn cos votos galegos.

Na súa xuntanza fundacional do verán de 2016 e nas súas seguintes xuntanzas congresuais En Marea definiuse como organización nacional galega e soberana. Mais o pasado 27-Ou, cunha diferenza de dous votos, impúxose una Mesa congresual que admitiu ulteriormente como votantes ducias de persoas que non pertencían ao censo. Deste xeito, Anova apoiaba a ofensiva de Podemos-IU  para neutralizar calquera organización autónoma galega e subordinar En Marea ao proxecto estatal e personalista de Pablo Iglesias.

En Marea xoga a súa supervivencia como forza galega nas vindeiras primarias, así como a súa capacidade de lle dar canle política á pluralidade e á transversalidade da sociedade galega. @mundiario

Comentarios