Un plan estratéxico de saúde e medio ambiente que ven ben, pero chega tarde

Contaminación en Madrid. / Mundiario
Contaminación en Madrid. / Mundiario
Promove o enfoque de “saúde en todas as políticas” en sectores clave con impacto na saúde: enerxía, traballo, agricultura, industria, cambio climático, alimentación, transporte e planificación urbana.
Un plan estratéxico de saúde e medio ambiente que ven ben, pero chega tarde

"La evidencia científica muestra que la contaminación del aire es responsable de una carga significativa de muertes, hospitalizaciones, causa y exacerbación de síntomas de numerosas enfermedades. El impacto de la contaminación en la salud a nivel global o regional se ha evaluado principalmente a partir de la morbilidad y mortalidad prematura, teniendo en cuenta tanto efectos a corto como a largo plazo.” Plan Estratégico de Salud y Medio Ambiente. Calidad del aire. Página 61.  Apartado 6.3.  Ministerio de Sanidad. Junio 2021.

Temos este mes de xullo, ate o día 23, a exposición pública o Borrador  do chamado “Plan Estratégico de Salud y Medio Ambiente” elaborado polo Ministerio de Sanidade en coordinación co Ministerio de Transición Ecolóxica  con diversos obxectivos. Entre eles: 

a) Promover  entornos saudables, 

b) Diminuír os riscos para a saúde da poboación derivados de factores ambientais,

c) Protexer a saúde da poboación e reducir a morbilidade e mortalidade atribuíbles aos efectos dos factores e  determinantes ambientais,

d) Identificar novas ameazas para a saúde,

...

O Plan pretende por enriba de todo promover o enfoque de “saúde en todas as políticas” en sectores clave con impacto na saúde: enerxía, traballo, agricultura, industria, cambio climático, alimentación, transporte e planificación urbana.  Agrupa en catro bloques as áreas temáticas correspondentes a factores de risco ambiental con maior impacto na saúde: cambio climático, contaminación, radiacións e hábitat. Contempla nove factores principais : contaminación do aire, contaminación da auga, axentes químicos, radiación, ruído, riscos laborais, prácticas agrícolas, cambio climático, entornos urbanizados.

Centrándonos na contaminación do aire o Plan plasma información e datos que sin ser novos polo menos  veñen a recoñecer dende un Ministerio a existencia de problemática, que a miúdo se silencia ou oculta. Vexamos:

-  O contaminante atmosférico dióxido de nitróxeno provoca máis de 6.000 mortes evitables cada ano en España, ao que teriamos  que sumar case outras 500 causadas polos niveis de ozono troposférico. De esta maneira, ate o  3% das mortes anuais podían deberse a la contaminación atmosférica.

- Citan un estudo do 2016 realizado no Estado e refire que un incremento de 10 microgramos por metro cúbico de partículas grandes (PM10), dan un incremento do 1,6% de absentismo  debido a enfermidade. Estas cifras representaban no ano citado, 2016, un total de 31.300 mortes prematuras anuais, 24.100 por partículas pequenas (PM2.5), 1.500 por ozono (O3) e 7.700 por dióxido de nitróxeno (NO2).  A exposición dos nenos a O3 e PM  asociase con unha maior probabilidade de bronquite e outras enfermidades respiratorias na etapa pos-natal, e a exposición intrauterina ao dióxido de nitróxeno, dióxido de xofre e partículas teñen efectos negativos significativos sobre o crecemento fetal e parámetros antropométricos de recen nados.

- Referente a contaminación  industrial, o Plan cita que as sustancias nocivas emitidas de forma constante ao ambiente  poden afectar tanto aos traballadores empregados nas fábricas como as poblacións que residen cerca das instalacións, así como ao medio ambiente, o cal repercute na saúde das persoas. Moitas das substancias cuantificadas en España presentan efectos carcinóxenos ou potencialmente carcinóxenos contrastados. A prevalencia do cancro é tal que o número de casos novos  no 2020 alcanza  277.394 (160.198 en homes e 117.196 en mulleres), sendo os máis frecuentes os de colon/recto, próstata e mama. No 2019, os tumores constituíron a segunda causa de morte en España (26,4% do total de falecidos), e a primeira en varóns (297,8 de cada 100.000 falecidos). Aínda que non todos os casos proveñen especificamente da contaminación industrial, este es un factor que, sumado a outros, pode ter incidencia no desenvolvemento de cáncro e tumores.

- Asociase  a contaminación atmosférica a enfermidades respiratorias e cardiovasculares, asma, alerxias, trastornos neurolóxicos, cancro, partos prematuros (17%)... e altos custos económicos (3,5% do PIB no 2014 pola mala calidade do aire, e a OMS calculou  que, en España, a contaminación do  aire supuxo a perda de máis de 40.000 millóns de dólares no 2010 ), a Organización Mundial da Saúde  estima hoxe que o 24% da carga mundial de morbilidade e o 23% da mortalidade son atribuíbles a factores ambientais.

A información transparente e a non ocultación da realidade é o primeiro paso para adoptar medidas oportunas

Celebramos que estes datos estean contidos no “Plan Estratégico de Salud y Medio Ambiente” e no Ministerio de Sanidade, e sirvan para planificar e actuar en consecuencia. A información transparente e a non ocultación da realidade é o primeiro paso para adoptar medidas oportunas e toma de decisións que leven a frear e corrixir a situación, garantindo no futuro unha atmosfera menos contaminante e saudable. Vale máis tarde que nunca.

Mesmo en tempos de Covid que o absorbe todo, ten mérito poñer enriba da mesa temas de saúde distintos da pandemia que sofremos. Temas como a contaminación atmosférica que son unha permanente pandemia silenciosa, oculta ou ignorada (como evidencian os datos)  e si a situación non nos asusta e porque non é tan evidente e “explosiva“ como a Covid é porque non satura aos hospitais e as UCIs.

Para moitos o Plan Estratéxico de Saúde e Medio Ambiente chegará tarde tanto no apartado de Saúde como no de Medio Ambiente. A prevención nunca foi o forte da Sanidade  nin  do Ambiente. Agora toca correxir os desastres e integrar a “saude en todas as políticas”. @mundiario

Un plan estratéxico de saúde e medio ambiente que ven ben, pero chega tarde
Comentarios