Un pesqueiro con base en Celeiro acusado en Irlanda de pesca ilegal

Vistas del puerto de Celeiro. / Mundiario
Vistas do porto de Celeiro. / Mundiario
Para as autoridades pesqueiras irlandesas o Punta Candieira é o quinto barco detido no que vai de ano, o que se interpreta polos mariñeiros galegos como a resposta irlandesa ao Brexit.
Un pesqueiro con base en Celeiro acusado en Irlanda de pesca ilegal

Era previsible. Víase vir. Irlanda asume responsabilidades que, en teoría, só corresponden ao Reino Unido, causa, motor e alma do "divorcio" deste país da Unión Europea. Galicia, coma sempre desde o acceso de España á UE en 1986 e xa antes desta integración, está agora a pagar os pratos rompidos do Brexit. Comezan as represalias.

Nesta oportunidade é o palangreiro de Celeiro e armador de Cedeira Punta  Candieira, sometido nestes momentos a moi serios controis para determinar distintos organismos irlandeses se pode acusalo de presuntos delictos de contaminación, navegación e pesca ilegais que, no caso de poderen demostrarse, podería supor ao armador o aboamento dunha dura sanción económica e a retención ata a celebración do correspondente xuízo do barco no porto de Cobs, ao oeste de Corck. A estes cargos citados podería sumarse a denuncia do arrastreiro irlandés Lours de Mers que o acusa de o ter acosado, segundo manifestacións realizadas a Valentia Radio.

A causa desta situación emana da controversia que afecta ás autoridades pesqueiras de Irlanda porque, o pasado venres, 28 de maio, ambos os pesqueiros mantiveron -ao parecer- un desencontro por o dereito de paso de cada quen na bahía de Bantry. O incidente entre ambos os pesqueiros foi coñecido polos demáis barcos -entre estes varios galegos- que se atopaban nas proximidades, e tamén polo Ministerio das Pesca (FMC) que agora prepara o proceptivo informe na base naval de Haulbowline. A preparación de toda esta documentación evidencia, segundo algunhas informacións emanadas  de fontes que se supoñen próximas á Autoridade de Protección da Pesca Mariña, que o "Punta Candieira" está incurso nunha investigación que realizan varios organismos estatais polos presuntos delictos xa citados de contaminación, navegación e pesca ilegais.

Ë probable que tampouco quede libre ata que se determinen as responsabilidades de cada quen, o arrastreiro irlandés Lours de Mers, xa que logo as autoridades locais non desbotan a posibilidade de que os seus tripulantes cortaran os aparellos do barco posteriormente ao incidente,  coa intención de evitar unha presumible acusación de ter faenado dentro dos límites das 12 millas xa que, segundo informacións que circulan na zona, o pesqueiro galego foi localizado nunha posición límite das citadas 12 millas, onde tamén estaría o barco irlandés..

O Punta Candieira ten unha tripulación de 15 homes, a maioría deles residentes en Cedeira e Celeiro. Todos eles teñen liberdade de movemento no porto no que o palangreiro permanece retido. Foi apresado a 95 millas ao sur de Mizen Head e permanece en Cobh, no conado de Corck, desde este mércores.

Para as autoridades pesqueiras irlandesas o Punta Candieira é o quinto barco detido no que vai de ano, o que se interpreta polos mariñeiros galegos como a resposta irlandesa ao Brexit. @mundiario

Un pesqueiro con base en Celeiro acusado en Irlanda de pesca ilegal