Buscar

¿As persoas son egoístas ou responsábeis?

Son maioría, por sorte, as responsábeis. Estamos a vivir circunstancias inéditas...
¿As persoas son egoístas ou responsábeis?
Xente. / RR SS
Xente. / RR SS

Firma

Xoán Antón Pérez Lema

Xoán Antón Pérez Lema

El autor, XOÁN ANTÓN PÉREZ LEMA, socio-director de Pérez Lema Avogados e Consultores y secretario general de Acouga, es abogado y analista político en MUNDIARIO, TVG y Radio Galega. Profesor en escuelas jurídicas. Ex jefe de gabinete de Presidencia de la Xunta con Pablo G. Mariñas y ex secretario general de Relaciones Institucionales con Anxo Quintana. @mundiario

Determinadas actitudes dunha minoría, como os que sairon de Madrid espallando o virus, son actitudes egoístas que vulneran os valores cívicos.  Por parte do Goberno do Estado, por outra banda, reaccionouse tarde e de xeito moi mellorábel. En troques, agás no caso de Madrid, funcionou o Estado autonómico, demostrando que na sanidade e noutroa ´ámbitos funciona mellor a decisión de proximidade.

Estamos a vivir circunstancias inéditas para a miña xeración e, probábelmente, para varias das anteriores e todas as posteriores. Diante destas probas todos botamos mán do background, do que temos asumido como parte da educación recebida.

Na Coruña e en Boimorto moitos lembraredes un bó amigo do mestre Arsenio Iglesias, o transportista Manolo Gª Quintela, O Navallas. Un día, case neno o Xoán Antón, espetoume: “Neno, no mundo só hai dous tipos de persoas; os egoístas e os responsábeis”.

Confésovos que dubidei anos sobre o absoluto do tal xuizo. Mais nesta crise sanitaria entendín que Navallas acertaba. Egoístas e responsábeis. Egoístas omnipresentes nesa enxurrada de residentes madrileñxs que só pensan no seu cú cando marchan desa hipertrofiada capital para contaxiarmos aos indíxenas da Galicia. Egoístas presentes nunha minoría da cidadanía galega que semella entender moi ben o que latricaban Trump ou outros líderes políticos da extrema dereita: “que se amolen os demáis e cada un que mire polo seu”. Verdadeiramente son minoría. Mais  concordarede comigo que no 1995 ou 2000 estas barbaridades xa estaban presentes nos miolos de moita xente. Mais ningúen as botaba fóra. Agora xa as bota fóra unha minoría. A ver no 2022, por exemplo.

Pola contra son maioría as persoas responsábeis. As que asumimos as moi restritivas disposicións de emerxencia sanitaria da Xunta de Galicia, malia a falla de sentido da utilización por Feijóo da lingua exclusiva desas persoas egoístas que nos invadiron dende Madrid. Por certo, usando da lexislación de emerxencias aprobada no 2008 polo pasado Goberno de coalición BNG-PSdeG Tamén as posteriores e absurdamente adiadas polo Goberno Central, que habería ter pechado Madrid o o 10 ou 11 de marzo canto máis. Unha omisión que ten determinado quizais mais dos dous terzos dos afectados polo virus en Galicia.

Hai quen dubidou neste tempo das avantaxes do Estado autonómico para adoptarmos as decisións acaídas nunha crise sanitaria. O que ficou abondo demostrado é que se viviramos nun Estado centralizado a resposta tería sido moito máis lenta e pouco eficaz. E que se a Cidade e Rexión madrileñas non fosen tan fulcrais para o chamado Reino de España as Autoridades Sanitarias protexerían de xeito moito máis eficaz o que desaqueladamente chaman na Praza de Colón periferia ou provincias.

 Navallas, tiñas razón As persoas son egoístas ou responsábeis. @mundiario