Buscar

A patria segundo Albert Rivera

Que Rivera prefira demoler o Título VIII da Constitución española que, con todos os seus defectos, permitíu avanzar na consolidación democrática do Estado, resulta anacrónico e impresentable políticamente.

A patria segundo Albert Rivera
Albert Rivera.
Albert Rivera.

Firma

Pablo González Mariñas

Pablo González Mariñas

El autor, PABLO GONZÁLEZ MARIÑAS, es colaborador de MUNDIARIO. Es político, profesor de Derecho Administrativo y escritor. Fue miembro del Partido Galego Independiente y diputado por la UCD en el primer Parlamento de Galicia. Tras ser uno de los fundadores de Coalición Galega, en 1985 encabezó la escisión del sector más nacionalista, que dio origen al Partido Nacionalista Galego. Fue conselleiro de la Presidencia y diputado por el BNG. @mundiario

A dinámica da crítica pilotada dende Madrid está a facer moito daño, como exponía onte brillantemente Pérez-Lema nestas mesmas páxinas de MUNDIARIO, aos intentos dunha recomposición intelixente do valioso aínda que xa esmorecente modelo constitucional de 1978 no tocante á estructura político-administrativa do Estado.

A última aportación nociva ven sendo a iniciativa de Albert Rivera de esixir un mínimo do 3% dos votos, ao nivel do estado, para entrar con representación no Congreso. Isto sería tanto como expulsar aos partidos nacionalistas da vida política “nacional” mediante un “amaño” tacticista revestido de patriotismo. 

Rivera non descoñece que a vixente Constitución é pluralista no tocante aos territorios, a súa historia e lingua propia e as competencias que cadansúa debera asumir. Rebobinar a historia “pro domo sua” ten moitos riscos, que o líder de C´s non pode descoñecer.  Que Rivera prefira demoler o Título VIII da Constitución española que, con todos os seus defectos, permitíu avanzar na consolidación democrática do Estado, resulta anacrónico e impresentable políticamente.

Para isto, ademáis, apela nada menos que ao “patriotismo”. Dí que non é “nacionalista”, pero sí “patriota”. Porén, cando un apela á Patria, está a correr un grande risco. Ante todo, porque hai moitas patrias en España. Rivera dí que patriotismo é “creer que todos somos iguais ante a lei”, mentres que o nacionalismo “é o que dí o Sr. Torra”.  

E consonte coa súa idea central, propón esixir un mínimo do 3% dos votos, a nivel estatal, para poder entrar no Congreso. Antes fixera algo semellante Fraga, en Galicia, para excluir do Parlamento ao partido de Camilo Nogueira. Moi democrático resulta imposibilitar a presencia nun Parlamento daqueles que queres que non te dean problemas.  

O concepto de “patria” non se pode basear simplemente no concepto de igualdade. Igualdade entre os diferentes? Hai que buscar elementos de aproximación, non só conceptuales, senón convivenciais, para artellar a convivencia. Símbolos de unión que non sexan odiosos nin excluintes. A patria é un concepto emocional, nada máis ou moito máis. E o quicio sobre o que compoñer tal concepto pode ser diferente para cada un de nós. Para Castelao era a lingua. Para outros a historia e os seus dereitos. Para Borges era un concepto “construible”, algo que falta, algo que hai que construir “sobre el tembladeral”.

Segundo a RAE, o “tambladeral” (sinónimo de ”tremedal” ou “pantanoso”) é un terreo abundante en turba, que retembra cando se camiña sobre él. Por iso hai que andar con coidado. Borges non rematou ben a frase. Noutro lugar, relata cómo un día tiñan collido un tren e, no medio da madrugada, pararon nun apeadeiro, e a pequeña estación abríuse a unha paisaxe típicamente arxentina: “a Pampa ou, o que é o mesmo, a nada”. Borges ficou parado un instante, e logo dixo entre dentes: “La patria, carajo”. 

Albert Rivera, “la patria, carajo”, non é un servizo militar obligatorio, nin se pode cambiar a gusto por Decreto-Ley. É cousa de moitos e cousa de conciencia non excluinte. Expulsar do Parlamento a ERC, PDTCat, PNV, HDBildu y CC… é unha proposta perigosa, extemporánea e disolvente. Todo o oposto a construir unha renovada “conciencia nacional”. @mundiario