Pandemia global: fallouse na fase de alerta do coronavirus?
A OMS declara o brote de coronavirus pandemia global. O director xeral da organización afirma que está preocupado polos "niveis alarmantes de propagación" do virus.
O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS) informou hoxe de que os elevados casos de contaxio do novo coronavirus pasaron a calificar de pandemia o brote. A decisión individual nunha crise sanitaria como a provocada polo coronavirus é case tan importante como as decisións que poden tomar os gobernos. A esta conclusión chegan varios investigadores e ex-asesores da OMS e dos Gobernos de Inglaterra e Países Baixos nun artigo publicado na revista médica británica The Lancet o 9 de marzo (How will country-based mitigación measures influence the course of the COVID-19 epidemic ?) cando analizan como influirán as medidas de mitigación no curso da epidemia do Covid-19 .
Esta conclusión é moi importante xa que a decisión individual a resaltar que toma a poboación aquí parece ter relación con mercar mascarillas e acaparar viveres de primeira necesidade dos supermercados para ter na casa por si dende a administración deciden que debemos quedar algúns días illados nas vivendas. Individualmente sempre quedan outras medidas, a gran maioría de sentido común e comúns a outras enfermidades infecciosas/gripes. Medidas que aconsellan non viaxar a zonas de risco – seguiron viaxando a Italia ate a semana pasada- , nin eludir os controis sanitarios, nin escapar dun país pechado - como de Italia a outro país vía Austria - . Neste caso saltarse as recomendacións sanitarias aínda que un considere que está san pode levar a problemas maiores a outras persoas e a comunidade,...
No artigo citado preséntanse varias incógnitas ou incertezas importantes sobre Covid-19 entre elas a taxa de letalidade, a infecciosidade e a cantidade de casos asintomáticos. As estimacións suxiren que aproximadamente o 80% das persoas con Covid-19 teñen enfermidade leve ou asintomática, o 14% teñen enfermidade grave e o 6% está gravemente enfermo. O que implica que o control baseado nos síntomas é pouco probable que sexa suficiente a menos que estes casos sexan so lixeiramente infecciosos.
Fallou a fase de alerta?
A OMS consideraba o luns 9 de marzo, como “moi real” a ameaza dunha pandemia global e xa recoñecía a actual epidemia de coronavirus Covid-19 como “unha epidemia desigual a nivel mundial”, dous días despois declaraba o brote de coronavirus como Pandemia Global. Pero a pregunta que nos podemos facer está no aire ¿Puido fallar a fase de alerta en China ? Puideron fallar despois as medidas idóneas a tomar en Italia, España e nas mesmas autonomías?.
Cando un novo virus ou subtipo de virus se detecta nos seres humanos ábrese unha fase de alerta , que se caracteriza por un aumento da vixilancia e avaliación de riscos a nivel local, nacional, estatal ou mundial. Si as avaliacóns de risco indican que o novo virus no se está convertendo nunha cepa pandémica, pode camiñarse cara a fase interpandémica e volver a normalidade, do contrario deben adoptarse rápidas e serias medidas. Foi este o caso? :
> Decembro 2019. Rexistrase na cidade China de Wuham un brote de enfermidade respiratoria (pneumonia) causado por un axente non identificado. Descoñecemos a data dos primeiros enfermos pero a principios de decembro existían os primeiros síntomas da enfermidade.
> 31 de Decembro 2019. China envía un Informe sobre a situación sanitaria a OMS .
> 22 de Xaneiro. China entende que ten un problema sanitario grave e toma medidas extraordinarias como clausurar os medios de transporte, prohibir a saída de cidadáns de Wuham ou pedir a poboación que se peche na sua vivenda. Tardou demasiado tempo ? . Pensemos que tan so unhas horas ou días son decisivos nos procesos infecciosos, varias semanas son un despropósito.
> 22 e 23 de Xaneiro. Reúnese o Comité de Emerxencias da OMS e descarta finalmente declarar “emerxencia de saúde pública de interese internacional”.
> 30 de Xaneiro. A OMS decide declarar finalmente “emerxencia de saúde pública de interese internacional”.
Si en decembro do 2019 e a principios do 2020 a comunidade científica non sabia nada deste coronavirus , a finais de xaneiro e no mes de febreiro xa se logrou illalo, secuencialo, identificalo e desenvolver probas para diagnosticalo.
En febreiro confirmase a primeira morte por coronavirus en Europa, a enfermidade afecta a 83.000 persoas en 50 países e a finais de mes en Italia o coronavirus afecta a mais de 800 personas especialmente nas zonas industriais do norte pero casos illados tamén no sur. En marzo dende Italia principalmente expándese a enfermidade e chega a todos os países da UE como unha mancha de aceite. Mentres que en China aínda hoxe seguen buscando en Wuham a orixe do brote porque so coñecen por onde se propagou.
En España a principios de marzo, o director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias nun intento de tranquilizar afirmaba que estabamos nunha situación de contención e non de alerta - pese a que se dera un goteo de casos- e o propio Ministerio de Sanidade recoñecía que a situación podía evolucionar con rapidez. Hoxe con máis de 2.100 casos evolucionamos con pouco control. Podemos preguntarnos : Adoptáronse medidas para garantir que non entrase o coronavirus a España? Si as medidas individuais non foron as correctas, foron correctas as medidas gubernamentais en fronteiras, aduanas, transportes, turismo... nos meses que seguen a infección en China ? . Quiza descansaran dous meses pensando que temos unha boa sanidade e so se necesitaba información que daban ao momento. Agora non queda máis remedio que apurar medidas. Pero sorprende e parece inxustificado que non funcionaran alertas adecuadas para impermeabilizar fronteiras e impedir a entrada de enfermos con coronavirus dende outros países que propaguen e extendan a enfermidade?
A globalización non é o que parecía, nin tampouco é so economía. Mal de moitos... @mundiario
Coronavirus. / RR SS
Que é o coronavirus?
Os coronavirus, como calquera virus, secuestra a maquinaria da célula para reproducirse, presenta en aparencia unha pequena “coroa solar “ na superficie externa da envoltura e teñen un xenoma de unha única fibra de ARN – material xenético con ácido ribonucleico–. O ARN destes virus é moi similar ao ARNm humano (ARN mensaxeiro), e esta similitude permítelle unha vez que penetrou no interior da célula entrar facilmente na maquinaria celular humana e en concreto nos ribosomas. Aquí o ARN viral terá unha dobre función, por un lado formará moitas copias novas de ácidos nucleicos (ARN) e por outro formará cubertas esféricas de proteínas con aspecto externo de coroa, cando o ARN se recubre coa cuberta da lugar a novos virus que saen ao exterior quedando destruída a célula.
Ate agora de 39 especies de coronarios rexistradas, coñecíanse 6 especies que tiñan reservorio en animais (mamíferos, aves...) e podían pasar e infectar a humanos , catro deles so causaban un arrefriado común. Este novo coronarios Covid-19 causante dos problemas actuais descuberto na cidade China de Wuham en decembro do 2019 xunto con outros dous son os mais virulentos e ademais de afectar as vías respiratorias superiores e inferiores poden causar pneumonías pulmonares e implican problemas renais e a mesma morte.
O SRAS – síndrome respiratorio agudo grave- descuberto en Guandong (China) no 2002, causou epidemia e propagouse a máis de 30 países no 2003 cunha taxa de letalidade do 10%. O MERS – síndrome respiratorio de Oriente Medio descuberto no 2012 e con casos en 27 países presentaba unha taxa de mortalidade do 35% e o recente coronavirus denominado primeiro 2019 nCoV e posteriormente Covid-19 presenta un período de incubación de 5 ou 6 días (segundo os autores en The Lancet) e unha tasa de letalidade relativamente baixa (0,3- 1% ) comparada cos anteriores mencionados, pero afecta xa a 100 países aínda que dos 80.000 casos reportados en China, máis do 70% recuperáronse e xa foron dados de alta.
O coronavirus da epidemia iniciada en Wuhan nomeouse oficialmente pola OMS como virus SARS-CoV-2 debido a sua similitude co virus que no 2003 causou unha epidemia de SARS. A enfermidade denominase Covid-19, causada polo virus SARS-CoV2 . Transmítise de forma aérea ao tusir ou esbirrar, e ao tocarse (ollos, nariz, boca poden recollelo si se estivo en contracto con el). Cada persoa infectada pode contaminar a 2 ou 3, pero algunha persoa pode contaxiar ate a 16. Frotis de nariz, garganta ou farinxe poden detectar a enfermidade. @mundiario