Palestra sobre as fake news con Jaume Alonso-Cuevillas

Jaume Alonso-Cuevillas. / TV
Jaume Alonso-Cuevillas. / TV
Jaume Alonso-Cuevillas intégrase na defensa xurídica de Carles Puigdemont.
Palestra sobre as fake news con Jaume Alonso-Cuevillas

Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa. A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas  ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.

Este xoves 23 de setembro, ás 18.00, no salón de actos do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi) o avogado, catedrático de Dereito Procesual e deputado de JuntsxCat Jaume Alonso-Cuevillas impartirá unha palestra sobre as fake news e as mentiras xudiciais, atendendo nomeadamente ao caso destes catro anos de Catalunya (procès e xuizo polos tentados das Ramblas do 17-A de 2017).

Jaume Alonso-Cuevillas intégrase na defensa xurídica de Carles Puigdemont. Tamén levou a acusación particular de varias familias no xuizo polos atentados yihadistas do 17-A de 2017 nas Ramblas de Barcelona.

A palestra con Jaume Alonso-Cuevillas será a xeito dun diálogo comigo. Presentará o acto Carme Adán, filósofa e coordinadora da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.

Penso que é moi interesante esta palestra. Para asistirdes precisades pinchar no evento na xanela "inscrición" achegando nome e apelidos, email e DNI (non son obrigatorios máis dados). Velaí o evento nesta ligazón. @mundiario

Comentarios