Pachi Vázquez: "Espazo Común é socialdemócrata, progresista e galeguista”

Pachi Vázquez en la TVG. / Mundiario
Pachi Vázquez na TVG. / Mundiario

Avanza que, nos pactos postelectorais, facilitarán os gobernos socialistas, xa que “somos progresistas e facilitaremos gobernos progresistas, iso é o primeiro”. A Gonzalo Caballero pídelle que “dea a cara acudindo ao Parlamento de Galicia en vez de esconderse nas sedes”.

Pachi Vázquez: "Espazo Común é socialdemócrata, progresista e galeguista”

Pachi Vázquez, agora líder de Espazo Común, define ao seu novo partido como “socialdemócrata, progresista e galeguista” e avanza que, nos pactos postelectorais, facilitarán os gobernos socialistas, xa que “somos progresistas e facilitaremos gobernos progresistas, iso é o primeiro”. Segundo dixo no programa Bos Días da TVG, Espazo Común presentarase as eleccións municipais de maio con arredor de 20 candidaturas.

Na entrevista, Pachi Vázquez verteu críticas contra o PSdeG - PSOE, o seu anterior partido, ao que cualificou de “sucursal de Ferraz”. Arredor das palabras do secretario xeral do PSdeG - PSOE, Gonzalo Caballero, que cualificou este novo partido –Espazo Común– de “anécdota política”, pediulle respecto e que “dea a cara acudindo ao Parlamento de Galicia en vez de esconderse nas sedes”. Así mesmo, sinalou que actualmente o PSdeG - PSOE non ten proxecto político, “é a sucursal de Ferraz, só están atentos a caerlle ben a Pedro para que os leve nas listas”.

O que fora secretario xeral do PSdeG - PSOE e agora é o líder de Espazo Común aclarou que non se presentará á alcaldía de Ourense, onde se presentará “unha muller moi preparada que desbloqueará a situación da capital ourensá”. Pachi Vázquez dixo que o obxectivo da formación e “rachar o bloqueo de Ourense, producido por PP, PSOE, Ciudadanos e Jácome –líder de Democracia Ourensana–”.

O político ourensán desmentiu calquera tipo de acordo con Manuel Baltar, do PP, e manifestou que o que une ao novo partido e “toda unha vida loitando contra a dereita e contra todo o que representa Baltar”. Así mesmo, Pachi Vázquez sinalou que “co xiro que está a facer Pedro Sánchez, hai moitos homes e mulleres socialdemócratas que ían quedar na casa que agora votarán a Espazo Común”.

Pachi Vázquez sinalou que o 70% de Espazo Común provén do PSdeG - PSOE, “unha formación política que actualmente tiña un espazo irrespirable” e pediulle ao PSOE que se esqueza deles, “xa nos fomos, o adversario é a dereita neste país”. @mundiario

Pachi Vázquez: "Espazo Común é socialdemócrata, progresista e galeguista”
Comentarios