Numerosas contradiccións de Ángeles Vázquez ante a evidente contaminación de Ence

Ángeles Vázquez. / Mundiario
Ángeles Vázquez. / Mundiario

Para que se fixo un Pacto Ambiental se Ence non contamina? E si a auga de Ence non é contaminante por que non a reutiliza permanentemente?, podería preguntarse a conselleira Ángeles Vázquez antes de falar. Ademáis, MUNDIARIO recolle datos que proban que Ence contamina.

Numerosas contradiccións de Ángeles Vázquez ante a evidente contaminación de Ence

Ence, que ten a Xunta como amiga, está utilizando toda a artillería, mesmo aos traballadores, na defensa de permanecer na localización actual. No caso obsérvanse contradiccións en abundancia. Vexamos so algúns exemplos recentes:

A Xunta sae a apoiar a Ence. Mentres o Presidente da Xunta di sin mais que a ubicación actual non é a máis adecuada, días pasados Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente declarou a Ser que "non é Ence quen contamina a ría" e  di que teriamos que preguntarlle ao Concello de Pontevedra quen a contamina. Trata de desviar o tema afirmando que “Ence cumpre as directrices europeas e todos os parámetros esixibles” e sinala como responsábeis ao Concello e a depuradora. Afirma que non hai ningún parámetro alarmante en Ence e “cumprindo con todos os parámetros estipulados non se contamina, e cando hai un cumprimento pode estar ubicada  onde está".

Non merece a pena lembrarlle a Conselleira que  a Xunta  no 2016 asinou un Pacto Ambiental  con Ence que contempla inversións e proxectos asociados en melloras ambientais, pero un pregúntase  para que se fixo un Pacto Ambiental se Ence  non contamina?. 

No Informe de Sostenibilidad de Ence 2018  figura que pretende reducir no futuro o 40% o volume de vertido de auga –con contaminantes– a Ría de Pontevedra,  tamén podemos preguntarnos para que necesita  reducir o efluente si os 12,38 millóns de metros cúbicos de auga/ano vertidos non contaminan nada e mesmo si a auga non é contaminante por que non a reutiliza permanentemente  e así deixaría de coller do Río Lérez  14,77  millóns de metros cúbicos de auga?. 

Podiamos preguntarlle a conselleira para que se vai pretender reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro ou os gases acidificantes ou os olores e partículas si Ence cumpre coa lexislación como di?. Para ela non parecen importar as emisións a atmósfera –ano 2018– de  589 toneladas de óxidos de nitróxeno, 172 toneladas de dióxido de xofre, 102.826 toneladas de dióxido de carbono,  142 toneladas de monóxido de carbono, 1,9 toneladas de sulfhídrico, 132 toneladas de partículas cando no ano anterior foron 49 toneladas... Mesmo os indicadores de calidade do aire –referidos por Ence– aprecia medias anuais de partículas nunha concentración de  15 microgramos por metro cúbico (m3) cando  a Organización Mundial da Saúde propón –de momento aínda non obriga– un máximo de 10 microgramos/m3... Non vou a explicar aquí que unha cousa é cumprir a lexislación e outra ben distinta a protección real da saúde e o medio ambiente. Non é o mesmo emitir estes contaminantes a varios kilómetros de distancia que as portas de Marín ou Pontevedra e nunha zona densamente poboada. Ainda consideradas dentro da lei, as emisións contaminarán algo, ou son totalmente inocuas?

A razón da defensa de Ence por parte da Xunta sen dúbida ten que ver coas portas xiratorias e os intereses particulares.  O Partido Popular non é neutral neste tema, xa que dos 15 membros do Consello de Ence, polo menos dous  estiveron na alta dirección e foron altos cargos nese partido na época con mando de Fraga Iribarne, son:  

1) Carlos del Álamo Jiménez , ex-Director Xeral de Conservación de la Naturaleza  e Conselleiro de Medio Ambiente na Xunta de Galicia de  1997 a 2003 e antes Director Xeral de Montes do 1990 ao 1996. Segundo información pública – CNMV– cobrou de Ence  no 2018 un total  104.000 euros (remuneración fixa 44.000 euros, dietas 22.000,  por pertencente a  comisións do Consello 35.000  euros e outros conceptos  3.000 euros). 

2) Isabel Tocino, ex Ministra de Medio Ambiente entre 1996 e 2000,  cobrou no ano pasado de Ence 110.000 euros (44.000 euros de remuneración, 24.000 dietas e 40.000 por pertencente ao Consello ademais de 2.000 noutros conceptos).

Carta aberta do Conselleiro Delegado de Ence, Ignacio de Colmenares. Foi publicada no xornal Faro de Vigo, criticando  á  Presidenta da Deputación de Pontevedra  por defender valores medioambientais e aplaudir a decisión do Goberno de renunciar á defensa da prórroga da concesión de Ence en Pontevedra. O Conselleiro Delegado pon énfase nas bondades da factoría de Lourizán e nas distincións e etiquetas ecolóxicas que colecciona o complexo.

Claro, non podía ser doutra forma, Ignacio de Colmenares  figura  no “Informe Anual sobre Remuneraciones de los Consejeros de Sociedades Anónimas cotizadas”  da Comisión Nacional del Mercado de Valores (CNMV),  recibindo de Ence, so no ano 2018, un total de 1.345.000 euros  e deles  en metálico 1.103.000 euros (soldo  620.000 euros,  retribución variable a curto prazo  429.000 euros,  fixa  44.000 euros) a parte de  remuneracións por sistemas de aforro  de 218.000 euros/ano e 24.000 euros por outros conceptos. Sen contar ademais,  noutros apartados, un plan de incentivos a longo prazo  2016-2018 –vinculados a obtención de obxectivos da sociedade– equivalente a  422.858 accións  con pago o 4 de xullo do 2019.

Con estes ingresos non estraña que Ignacio de Colmenares  defenda a empresa.

Un informe por encargo de Ence, clave. Aparte  da defensa que realiza o Conselleiro Delegado e a Xunta,  Ence xoga ao seu favor cun Informe recente realizado por encargo onde di demostrar que non existe  emprazamentos en Galicia que reúna as condicións técnicas,  económicas e loxísticas  necesarias (igual que fixera xa no 2006 ) , informe xa criticado en Pontevedra. 

Traballadores e cofradías. Pero o que parece máis sorprendente e o incansábel movemento e mobilizacións dos traballadores e comités –fábrica e oficinas incluidos– para defender unha empresa privada. Fácilmente trasládanse os traballadores a Vigo ou Madrid  co obxectivo de presionar a Pedro Sánchez. Tamén resulta curioso e incríbel o posicionamento das cofradias quizá estean  agradecidas a Ence por diversos motivos ou promesas ocultas. 

Pensei sempre que os que viven do mar debían defender os recursos naturais e a riqueza que de aquí obteñen e que os traballadores das empresas tiñan que defender o posto de traballo e as melloras económicas, sociais e ambientais tanto dentro como fora da empresa.

Pero hoxe o seu papel non se dirixe a axudar a buscar solucións, senón a torpedealas, as movilizacións que realizan os traballadores non contan cos membros do Consello da factoría que non están nin se lles espera, e Ence fai tempo que deixou de ser unha empresa pública. Nestes tempos os empresarios non necesitan dar a cara para defender as empresas, pois xa se encargan os traballadores e a Xunta. @mundiario

Comentarios