Nucleares en España: As grandes empresas eléctricas mandan e impoñen

Central nuclear de Almaraz, en Cáceres. / Foro Nuclear
Central nulcear de Almaraz, en Cáceres. / Foro Nuclear

A Ministra para a Transición Ecolóxica dixo que pecharía as centrais nucleares no ano 2028 pero o Goberno e as grandes eléctricas Iberdrola, Endesa e Naturgy xa alcanzaron  un gran pacto para prorrogar o funcionamento das centrais nucleares ate o ano 2035.

Nucleares en España: As grandes empresas eléctricas mandan e impoñen

En xullo do 2018 a Ministra para a Transición Ecolóxica confirmaba que pecharía as centrais nucleares no ano 2028 cando a central de Trillo, a última que se puxo en funcionamento, cumprirá 40 anos activa. A semana pasada o Goberno e as grandes eléctricas Iberdrola, Endesa e Naturgy alcanzaron  un gran pacto para prorrogar o funcionamento das centrais nucleares ate o ano 2035. Con este acordo fulminase a aposta inicial do Goberno de pechar no 2028 as nucleares  e agora  o Estado acepta  e determina que o peche das cinco nucleares e sete reactores en funcionamento sexa o seguinte:  Almaraz I a finais do 2027, Almaraz II en outubro do 2018,  Ascó I e Cofrentes  no  ano 2030,  Ascó II no 2032 e os reactores nucleares  de Vandellòs II e Trillo en Guadalaxara funcionarán ate o ano 2035, o primeiro pechará a principios dese ano e o segundo a mediados do 2035. Ningunha das centrais nucleares citadas terán un máximo de 40 anos de actividade como tiñan previsto inicialmente,  todas  terán máis de 45 anos e algunhas  preto de 50. 

Aquí vemos como se impoñen os criterios económicos das grandes multinacionais eléctricas que buscan maiores beneficios, fronte a postura dun Goberno que se dobrega e acepta a imposición. Ademais destaca  que ningún grupo político queira tocar o tema e pedir explicación, nade cuestiona a seguridade das nucleares si funcionan máis anos dos previstos, ninguén protesta porque contra vento e marea Iberdrola, Endesa e Naturgy  unha vez máis se saen ca súa, vese que teñen poder e comprobamos que enfronte teñen un Estado  que manifesta unha debilidade evidente. 

Esixen, ameazan e benefícianse

Bruxelas autorizou este mes a España  para destinar 200 millóns de euros as empresas electrointensivas ate o  ano 2020 e o Goberno do Estado propuxo estes días axudas millonarias e medidas para contentar ao sector gran consumidor de electricidade pero o borrador do Estatuto da Industria Electrointensiva  foi criticado pola industria, partidos e Xunta e está aínda no “aire”.  

As grandes consumidoras eléctricas como Alcoa desfrutaron antigamente da tarifa G4, tarifa prohibida pola normativa europea porque non era unha tarifa xeral senón que era  específica por usos, por tensións e por niveis de utilización. Europa puxo fin as tarifas reguladas en alta tensión a partir do 1 de xullo do 2007, pero consentiu que en España se regulase máis tarde,  no 2009. Unha negociación  entre o 2005- 2009 entre os distintos actores (incluída a Xunta de Galicia) conseguiu chegar a un acordo  para que a tarifa G4 desaparecese e estas industrias, grandes consumidoras, non tivesen un “lastre no custo enerxético”. Así naceu a tarifa de interrumpibilidade eléctrica  -sistema polo cal as grandes consumidoras de electricidade a cambio dunha axuda millonaria  comprometíanse a interromper o consumo en determinados momentos para que non existan problemas de subministro noutros sectores en caso de necesidade-.  O sistema de poxa de interrumpibilidade mesmo foi criticado pola CNMC, Comisión Nacional do Mercado da Competencia e por Bruxelas que o consideraba unha axuda encuberta. O Goberno busca agora un novo modo de axudar as empresas é aquí entra o criticado Estatuto da Industria Electrointensiva.

En ningún momento se formulan dende o Goberno obrigarlle as grandes consumidoras de electricidade  poñer en marcha pouco a pouco xeración de electricidade propia (eólica, solar...), si consumen i é custoso tamén poden poñerse a producir. Ser máis eficientes e preocuparse polo aforro enerxético non entra nos proxectos das industrias como tampouco entra cambiar a tecnoloxía obsoleta de fai anos altamente consumidora  por outra actual de menor consumo.  O Goberno non  formula que as industrias que reciban axudas diminuían  o alto consumo de auga  ou a gran contaminación que xeran; particularmente alta nas industrias electrointensivas con gases de efecto invernadoiro, partículas, gases acidificantes...

Un Estado débil

O sistema de axudas actual sen dúbida ten que cambiar por outro modelo, pode ser mesmo  polo implantado noutros países onde as industrias se ateñen a un prezo global de electricidade  claro, coñecido e transparente  onde non fai falta que as industrias esixan, ameacen ou premen ao Goberno  para ter máis beneficios, que proceden das arcas públicas e de todos nós.

Estamos nun Estado debil, onde as grandes compañias eléctricas  dominan e mandan  como o fixeron sempre,  impoñen o seu criterio ante o Goberno custe o que custe como sucede co funcionamento das  nucleares. As multinacionais industriais e grandes empresas fan algo similar, descubriron a fórmula para obter maiores beneficios,  intentan exprimir ao público con esixencias, ameazas e portazos  como fan dende tempo atrás. Nun Estado débil os gobernos ceden, pero os cidadáns perden, e estes están seguros que tal situación ten moito que ver coas portas xiratorias do mundo político. Nos Consellos de Administración de moitas grandes empresas  eléctricas e multinacionais sentanse hoxe sen ruborizarse nomes coñecidos que antes pasaron polos ministerios e os distintos gobernos. @mundiario

Nucleares en España: As grandes empresas eléctricas mandan e impoñen
Comentarios