Novo acto de piratería en augas do golfo de Guinea

Golfo de Guinea. / commons.wikimedia.org
Golfo de Guinea. / commons.wikimedia.org

O golfo de Guinea rexistrou o 95% dos secuestros por piratas en todo o mundo en 2020.

Novo acto de piratería en augas do golfo de Guinea

Non dan feito: cando baixa ostensiblemente a actividade delictiva das organizacións piratas ao sur de Asía e no denominado Corno de África, en augas de Somalia,  agrávase a que, no golfo de Guinea, manteñen desde fai tempo outras organizacións de semellantes características. De feto, o golfo de Guinea rexistrou o 95% dos secuestros por piratas en todo o mundo en 2020.

A zona do golfo guineano volve a ser estes días punto de referencia  pola acción dunha banda armada que, a bordo dunha lancha rápida, atacou un buque atuneiro que navegaba pola zona. Nesta oportunidade, a 65 millas ao Sur de Tema (Ghana).

Un ataque cuxo resultado, polo que se sabe, só -e non é pouco- fala do secuestro de cinco mariñeiros: o capitán, de nacionalidade coreana, e catro mariñeiros: tres chineses e un ruso. Polo de agora descoñécese se no buque apreixado, que foi abandonado a 100 millas ao sur da costa de Ghana, quedou algún outro mariñeiro ademáis dos cinco secuestrados,  que se levaron consigo os piratas.

Dúas horas antes do asalto perpetrado o día 19 de maio, a tripulación do atuneiro Atlantic Princess avistou un mini-tanque oxidado aboiando na distanza e co dispositivo de localización AIS apagado. Este artefacto flotante poido ter sido utilizado como barco nodriza polos piratas .

O Atlantic Princess ten unha eslora de 55,43 metros, e pertence á compañía ghanesa Zhong Gha Foods, propietaria doutros catro buques. Trátase do antigo Cap Saint Paul, construido en Saint Malo, no ano 1982. @mundiario

Novo acto de piratería en augas do golfo de Guinea