Nova xeración de estrategas da innovación e do desenvolvemento na USC

Xavier Vence.
Xavier Vence.

Xavier Vence integra investigadores con perspectiva interdisciplinar en economía aplicada e mantén estreitas relacións de colaboración con investigadores doutras áreas de coñecemento e outras universidades europeas e latinoamericanas.

Nova xeración de estrategas da innovación e do desenvolvemento na USC

Da USC sale unha nova xeración de estrategas da innovación e do desenvolvemento, froito do master que dirixe Xavier Vence, catedrático de Economía Aplicada. Vence está tamén ao fronte do ICEDE, un Grupo de Investigación de Referencia Competitiva, creado nos 90, especializado en economía da innovación, políticas estratéxicas de innovación, sistemas rexionais de innovación, desenvolvemento rexional e local, desigualdades territoriais, crise económica, globalización e economía de Galicia.

Co R2π o ICEDE busca a forma de pasar do concepto xeral de economía circular (EC) ao de modelo de negocio da economía circular (CEBM, polas súas siglas en inglés).

 

"Desde 2012 participamos en proxectos europeos VII Programa Cadro e Horizon 2020 sobre Economía Circular, Sustentabilidade e Servitization", salienta Xavier Vence, que integra investigadores con perspectiva interdisciplinar en economía aplicada e mantén estreitas relacións de colaboración con investigadores doutras áreas de coñecemento e outras universidades europeas e latinoamericanas. "Combinamos a investigación académica e as actividade de asesoramento a diferentes tipos de institucións galegas e europeas", explica.

O grupo ICEDE participa activamente nas actividades do Master DEIN (Desenvolvemento Económico e Innovación). @mundiario

Comentarios