As vivendas desocuparánse en 20 días ca nova lei de desfiuzamentos

Francisco Rabuñal durante a entrevista con Marcos Sueiro. / CRTVG
Francisco Rabuñal durante a entrevista con Marcos Sueiro. / CRTVG

O avogado Francisco Rabuñal explicou que o obxectivo desta lei, aínda en trámite, é axilizar o procedemento para recuperar as vivendas ocupadas.

As vivendas desocuparánse en 20 días ca nova lei de desfiuzamentos

Francisco Rabuñal, decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela, falou este xoves da nova lei de desafiuzamentos, que está en trámite no Congreso, durante una entrevista concedida ao programa "Bos Días" da Televisión de Galicia. O experto explicou que a principal novidade sería “axilizar os prazos e dar unha resposta rápida aos cidadáns para que consigan de novo a posesión da súa casa”.

O avogado sinalou que o obxectivo desta lei, que se agarda que entre en vigor antes do verán, é acelerar os procedementos para as persoas que teñen ocupadas as súas vivendas. Deste xeito, os xuíces “tardarían entre 15 e 20 días en emitir unha sentenza”.

Esta lei tería tamén as súas excepcións, posto que non podería aplicarse “en persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca” ou en vivendas propiedade de entidades bancarias e fondos voitre. De feito, Rabuñal explicou que o obxectivo principal era “loitar contra as mafias da vivenda”, que operan extorsionando aos propietarios. Segundo o avogado, en España existían máis de 100.000 vivendas ocupadas, mais en Galicia o fenómeno é menos habitual. @galiciamundiari

 

Comentarios