“Non todos os científicos son seres de luz, tamén teñen intereses”, advirte o xornalista Manuel Rey

Manuel Rey. / CPXG
Manuel Rey. / CPXG

"É moi importante, se é posible, ter unha habitación dedicada só a traballar. Necesitas separar fisicamente o espazo de traballo na casa", comenta.

“Non todos os científicos son seres de luz, tamén teñen intereses”, advirte o xornalista Manuel Rey

“Non todos os científicos son seres de luz, tamén teñen intereses”, advirte o xornalista Manuel Rey, do portal de divulgación científica GCiencia, onde se encarga de boa parte da información sobre a pandemia, unha cobertura da que destaca as entrevistas a expertos como Alberto García BasteiroMaría TomásPedro RascadoJosé Manuel SabucedoMaría José PereiraJosé Carlos MillánAntonio PoseÁfrica González ou Juan Gestal.

En 2017, Manuel Rey recibiu o Premio Galicia de xornalismo científico por unha reportaxe sobre a ataxia da Costa da Morte que despois converteu nun libro. Membro dunha xeración de periodistas que chegou ao mercado laboral en plena crise económica, é, malia todo, optimista ante o futuro.

Preguntado sobre que é o máis importante que aprendemos os xornalistas durante a pandemia, dixo: "A pandemia está sendo unha aprendizaxe xeral sobre a marcha. Todo o mundo aprendeu mellor a maneira na que funciona a ciencia, a contrastar se unha publicación científica ten suficiente consistencia ou a importancia de ser moi precisos coa linguaxe. E un detalle sobre o teletraballo que pode parecer banal, pero non o é. É moi importante, se é posible, ter unha habitación dedicada só a traballar. Necesitas separar fisicamente o espazo de traballo na casa. No meu caso foi esencial, e non sei como faría a xente con nenos ou que simplemente non ten un cuarto á parte para traballar." @mundiario

Comentarios