“A Noite dos Fogos do Apóstolo” foi a emisión máis vista en Galicia

Fuegos del Apóstol. / Archivo
Fuegos del Apóstol. / Archivo

No Día Nacional de Galicia, a programación especial da canle pública  foi líder tanto no conxunto do día coma na faixa de maior consumo televisivo.

“A Noite dos Fogos do Apóstolo” foi a emisión máis vista en Galicia

A programación especial que a TVG ofreceu o 24 e o 25 de xullo con motivo do día grande de Galicia obtivo un grande éxito de audiencia, converténdoa na canle favorita dos espectadores para entreterse e informarse durante estas dúas xornadas.

Así, “A Noite dos Fogos do Apóstolo” foi a emisión máis vista en Galicia o día 24, cunha audiencia media de 161.000 espectadores e unha cota de pantalla do 21,2 %. Ademais, ás 23.56 h., cando estaba a piques de rematar a retransmisión do espectáculo pirotécnico, a Televisión de Galicia acadou o minuto de ouro cun share do 31 %. Este programa especial foi quen de chegar a unha audiencia de 432.000 galegos, o 16,5 % da poboación de catro e máis anos.

O “Telexornal Mediodía” foi a segunda emisión máis vista de toda a programación e o informativo máis seguido do día en Galicia, cunha audiencia media de 132.000 espectadores e unha cota de pantalla do 20 %.

Ademais, a TVG tamén se fixo co liderado na faixa de prime time do 24 de xullo, ao contar cun 16,3 % de cota, o que fixo que liderase as audiencias tanto no ámbito de Galicia coma entre as canles autonómicas. No conxunto da xornada, acadou unha media do 11,8 %.

Na xornada seguinte, o Día Nacional de Galicia, a TVG fíxose co liderado absoluto de audiencias na nosa comunidade. No conxunto do día, acumulou unha cota de pantalla do 13,1 %, a 2,4 puntos do seguinte competidor, Antena 3. No prime time ou faixa de maior consumo televisivo, repetiu liderado cun share do 12,6 %, a 2,3 puntos da seguinte canle, que foi de novo Antena 3.

Ao igual có día anterior, a canle pública galega repetiu cos programas máis vistos do día. Novamente, o “Telexornal Mediodía”, que lle dedicou boa parte do seu tempo aos actos do Día do Apóstolo, foi a emisión de maior audiencia ao longo da xornada, cunha media de 140.000 espectadores e un 24,2 % de cota de pantalla. Ás 15.09 h., a TVG acadou o minuto de ouro en Galicia, concentrando 177.000 espectadores diante do televisor e chegando a un 29,6 % de share.    

O “Galicia Noticias”, que contou cunha audiencia media de 120.000 espectadores e unha cota de pantalla do 24,9 %, foi a segunda emisión e o segundo informativo máis visto na comunidade galega.

No prime time, o programa de entretemento máis visto polos galegos foi a “Gala 25 de xullo”, que rexistrou unha cota do 13,1 % e unha audiencia total de 402.000 espectadores, o que supón máis do 15 %.

En total, entre os días 24 e 25 de xullo, a Televisión de Galicia contou cunha audiencia total de 977.000 espectadores.

Por segundo ano consecutivo, a CRTVG usou a canle de comunicación Facebook Live para transmitir tamén os Fogos do Apóstolo. Preto de 100.000 persoas foron acadadas e houbo máis de 4.000 reaccións e comentarios ao evento. É de salientar a universalidade da transmisión, con comentarios chegados desde a China, os Estados Unidos, A Arxentina, Venezuela, O Brasil, Bruxelas e tamén desde moitas partes de España. @galiciamundiari

Comentarios