Nas mans duns poucos

Fernando VII. / dbe.rah.es
Fernando VII. / dbe.rah.es
Mentras existan reis quedará moito camiño que andar para acadar a soberanía total dos pobos.

A Constitución de 1812 tivo unha grande importancia para iniciar o proceso de otorgar poderes e dereitos á cidadania asoballada e exclavizada durante centos de anos por reis, marqueses, condes e pola Igrexa católica.

A grave situación que vivía España co reinado do borbón francés, Fernando VII, xunto coa ruina do noso pais e das colonias polas guerras e batallas nas que se viu inmersa, facilitou provisionalmente o diálogo para que “os de sempre” non perderan o poder e a riqueza que acumulaban.

Temos que lembrar que se definía como “constitución política de la monarquía española”.

Unha vez expulsadas as tropas invasoras francesas e amainadas as augas revoltas, os caciques opresores, co indecente rei Fernando VII, voltaron a impoñer a dictadura eliminando as libertades e dereitos que nunca quixeran para a cidadania.

Durante máis dun século tivemos que sobrevivir a unha casta borbónica que en cada etapa na que os españoles e as españolas manifestaban o seu cabreo cos reyezuelos que desangraban a nación e as arcas públicas, abríanse a engaiolar as masas e aos seus representantes con falsas promesas e cartas magnas baleiras de contido, pero útiles para o engano temporal.

Véxanse as cartas de 1845, 1869, 1876, 1931 e 1978.

Conto constitucional

Permítanme un breve inciso para un pequeno conto constitucional...

Érase unha vez unha señora que vivía moi ben e tiña dúas mascotas: un loro e un gato.  A señora tiña predilección polo loro e o gato celábase.

Un día que a señora se foi de compras, o gato artellou un plan para desfacerse do loro, papándoo, e entón díxolle ao loro que saira da xaula, que non tivera medo porque había unha constitución que prohibía que os animais se fixeran dano ou se comeran entre sí.  Púxose a leer un artigo da Constitución, pero o loro non picou... Nesto aparece un raposo que quería comerse ao gato e o gato corría e escapaba mentras o loro repetíalle "¡gatiño, gatiño, lee a Constitución!", "lee a Constitución..."

Nas mans duns poucos

Mentras existan reis quedará moito camiño que andar para acadar a soberanía total dos pobos, quedará moito para chegar a ter unha democracia plena basada nos parlamentos e non nos poderes que lapidan a vontade popular, saída das urnas.

A Inquisición foi abolida, pero dous séculos despois, o Estado e o poder siguen nas mans duns poucos que, agazapados nun dos poderes que sempre se reservan, interpretan coa súa ideoloxia o xeito da aplicación das leis que rixen o país. @mundiario

Comentarios